Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Esta tarde, charla sobre a evolución de Ribadeo


AVV O Tesón

Nota de prensa 20140527

4ª charla Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo.

José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández,

‘La evolución de Ribadeo desde mi llegada’

Despois das interesantes tres charlas anteriores, a
cargo de Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Chemi Lombardero Rico e
Víctor Moro Rodríguez, este venres 30 de maio terá lugar a última
das charlas do ciclo ‘Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo’, que
correrá a cargo de José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández, co
título ‘La evolución de Ribadeo desde mi llegada’. Coma sempre, a
charla desenvolverase no Salón de actos da Casa do Mar, comezando ás
20:00 horas.

O conferenciante ten sido durante unha longa etapa
Secretario do Concello ribadense. Nado en Luarca, despois da súa
etapa en Ribadeo marcada pola pegada da súa profesionalidade, pasou
a ocupar praza en Vigo, onde reside de onde se despraza con
frecuencia á nosa vila. Ó seu paso por Ribadeo deixou ligazóns
familiares e de amizade, a máis das profesionais, non sendo alleo a
actualidade ribadense e mantendo contacto con diversos temas do día
a día no noso pobo.

Pódense atopar publicacións
del en revistas especializadas con títulos tan suxerentes como
“Injusticia
es todo lo que se hace contra el Derecho: cuestiones y
consideraciones sobre la Administración de Justicia”,
ou o título do seu libro “La nueva república española”. Dúas frases ilustrativas deste último: 

-‘No debe existir ningún cargo político sin la correspondiente responsabilidad, de la clase que sea, en especial la responsabilidad política’

 -(Cita de García Trevijano) ‘Antes de la acción propiamente política, la idea democrática debe conquistar la hegemonía cultural en el seno de la sociedad civil’

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *