Foi o acto de comezo de obras para a residencia de Ribadeo. O audio, 22 minutos.
As fotos, testemuñas dun acto para a posterioridade no que se enterrou unha caixa con xornais actuais e recortes da historia da loita para conseguir a residencia: o cartel cos planos de construción, a baixada da caixa ó furado, un edificio que será derrubado, a primeira terra sobre a caixa, botada man a man entre José Mª Rodríguez Díaz e o alcalde, e a preparación do acto co fondo a única casa que quedará en pé no triángulo.
Atención: os alzados están mal nomeados na cartelería, e polo tanto, entendo que nos planos. O alzado oeste, por exemplo, é NO, algo máis ‘norte’ que ‘oeste’. |
Un par de cousas máis:
Declaracións en nome de O Tesón para o xornal El Progreso/a mariña: “Estamos no medio dun proceso, non é un traballo rematado. E hai que atender á fase na que estamos: agora hai que procurar que a residencia se faga ben.
En relación a sitio, tamaño, etc, é unha fase xa pasada. Cremos que non é a residencia ideal, pero é a que se conseguiu, e asinaríamos para que noutros temas se seguira o mesmo camiño que se seguiu neste caso para conseguila. A unión veciñal de Ribadeo que conseguimos a traverso da plataforma pro-residencia que agrupou as asociacións veciñais, e dos representantes institucionais, misturados coa plataforma nunha comisión, fixo posible algo que se se entrevía como moi longo e difícil. Dende O Tesón agradecemos todos os apoios e a boa resposta dende que decidimos poñernos en marcha, e resaltamos a labor de quen foi elixido presidente da plataforma, José Mª Rodríguez, figura fundamental no feito ata o momento.”
Os terreos que ocupará:
A maior das tres construcións, o edificio de pisos, o máis ó norleste, esquina superior; o que quedará en pé, adosados, esquina inferior, suroeste.