Hoxe OpenStreetMap fai 10 anos. Trátase dunha aplicación aberta, que ti podes editar e configurar, e axudar a facer, e usar… Podes ver a súa evolución aquí, ou ter unha visión xeral aquí.
Si, xa sei, posiblemente non escoitaches falar dela, e uses Google Maps, obviando outros posibles como o http://sigpac.mapa.es/fega/visor/. Eu mesmo teño que dicir que aínda que coñezo dende hai tempo OpenStreetMap usóo aínda menos que a versión non libre que é Google Maps ou que o oficial sigpac.
Mais, hoxe mesmo, para celebrar os dez anos, engadín algún cambio nos datos de Ribadeo, o que fago de tempo en tempo, aínda que non controlo moito nin como editar nin como usalo. E vexo que vai medrando e sendo cada vez máis usable. Nalgúns casos, moito mellor que Google Maps. Noutros, moito peor. En calquera caso, medrando e mellorando.
E, lembras cando non se sabía nin o que era a wikipedia e se usaba a enciclopedia Microsoft Encarta, que era a que se coñecía? Onde vai hoxe a Encarta?
Anímase a participar, editando e usando esta ferramenta libre e colaborativa?
… por certo, a residencia de anciáns nova aínda non aparece.
Ribadeo en OSM: http://www.openstreetmap.org/map=15/43.5378/-7.0435
