O vindeiro 7 de Febreiro celébrase en Ribadeo o día Mundial dos Humedais baixo o patrocinio do Concello de Ribadeo e outros colectivos. Con este motivo terá lugar una charla de don Jose Maria Fernández Diaz-Formentí autor do libro editado no 2009 en edición bilingüe baixo os titulos “A Ria de Ribadeo Natureza entre dúas augas” e “La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas”. A edición foi promovida polo CEDER OSCOS EO e mais a Asociación Puente de los Santos, obviamente financiado con fondos públicos sendo presidente e secretario os alcaldes de Castropol e Ribadeo, don Fernando Suarez Barcia.
Xa temos escrito sobre este tema no mes de maio de de 2009. [traballo non publicado no blog, pero relacionado con outros publicados aquí ou aquí] Agora imos lembrar algún aspectos do mesmo.
A introdución deste traballo está datada en outono de 2008. E edición saiu do prelo en maio de 2009 e foi entregada polo alcalde de Ribadeo aos directores dos colexios e institutos o día 19 mesmo mes, foto incluída na porta do concello.
O obxectivo era promover o coñecemento da ria entre os alumnos e profesores, así pode supoñerse que actualmente figura nas bibliotecas dos centros de ensino.
Algúns lectores lembrarán que o dia 12 de Marzo de 2008 a Comisión Especializada de Nombres Geográficos do Consejo Superior Geográfico ratificou sen nengún xénero de dúbidas que o único toponímico legal era Ría de Ribadeo e ainda engadiu “… no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la de Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erroneo…”.(ver embaixo)
Tamén nos temos referido repetidamente ao carácter preceptivo, para as administración públicas do uso dos topónimos oficiais, do que existe abondosa lexislación.
Para non extendernos sobre o que xa temos publicado lembraremos que a edición castelá deste libriño usa sistemáticamente a denominación “Ría del Eo”, mentres que a edición galega usa indistintamente as denominacións “Ria del Eo” e “Ria de Ribadeo”.
Suliñar a obviedade de que ámbalas dúas edicións incurren en aberta ilegalidade pode considerarse unha afrenta á intelixencia do lector.
Lembraremos brevemente o que xa escribimos hai perto de seis anos. Ese libriño financiado con fondos públicos baixo a dirección do actual alcalde de Ribadeo – entre outros – está servindo para confundir e enganar ás xeracións de estudantes que van pasando polas escolas e institutos e mesmo aos profesor@s que o consulten por calquer motivo. Centos ou miles de persoas, que cando vexan en papel impreso, avalado polas “autoridades” que os nomes da ría son os os dous devanditos quedaranse para sempre ca mensaxe de que iso é así, “porque xa o aprenderon na escola”. Mesmo @s profesor@s, asturian@s e galeg@s, ou procedentes de outras latitudes, seguirán transmitindo esa mensaxe, alá onde cheguen, porque o viron nun libro editado polo concello de Ribadeo –entre outros-.
Sin embargo, este non é o aspecto mais negativo deste libriño. No próximo número presentaremos textos e comentaremos algo mais sobre os contidos.
Evaristo Lombardero
—
Traído de http://ribadeo-historia.blogspot.com.es/2008/04/informe-sobre-la-decisin-adoptada-por.html |