Aclaración: no fondo…
Coido que pode considerarse esta entrada como continuación destas outras: “Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla“e “Investigación en Ribadeo: Galeón”
Si, se se ve o vídeo, pode apuntarse a que ten algunha característica que fai un documento como poucos para certificar a construción naval da época.
De calquera xeito, chegan as verbas da directora do proxecto de ForSeaDiscovery, Ana Crespo, para aplacar un pouco os ánimos que se poideran deducir das verbas de Miguel San Claudio Santa Cruz, de Archeonauta, apoiadas por Ainhoa López, da asociación ribadense en pos do ‘El Galeón de Ribadeo, el mejor conservado del mundo‘: é importante, e seguirán adiante porque teñen cartos e aínda van na procura de máis. Pero non deixa de ser unha investigación máis. E en Ribadeo, dende o tema do Castro das Grobas e o non volver cheirar os restos ‘fabulosos’ que xa se atoparan (mirar, por exemplo, aquí)…
A referencia da Campaña no relativo a Ribadeo na web de ForSeaDiscovery (por certo, ilustrada con unha foto dunha corbeta francesa que non corresponde a Ribadeo, porque a campaña só recala en Ribadeo para un dos tres pecios ós que vai adicada):
“-Pecio
de Ribadeo, este pecio, de un buque español del siglo XVI y de una
categoría excepcional, ha sido muestreado anteriormente, pero en un
rasgo que lo hace todavía más interesante desde el punto de vista
científico, no ofreció ninguna coincidencia en las muestras de madera
analizadas. En la presente campaña pretendemos obtener nuevas muestras,
ampliar en su planimetría y avanzar en el conocimiento de la
construcción naval que manifiesta este pecio.
-Localización y posicionamiento de un nuevo pecio descrito en la ría
de Ribadeo por miembros de un equipo local de buceo. Su localización se
procurará mediante el recurso al equipo de Sonar de barrido Lateral.
”
Unha cousa máis. A diferenza entre as dúas fotos seguintes…
Púxenas por remarcar que unha volta máis, o alcalde sairá no xornal. O certo é que as súas verbas (ver vídeo) coido que estiveron axustadas.