Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.494 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

I+D+i feito en Ribadeo


Vexo no xornal esta mañá que o día 12, venres, nas instalacións de O Cabazo terá lugar a presentación do ‘Defensor’, embarcación tipo dron cunhas prestacións que premitirán a súa actividade en diversos escearios, como rescates, e cunha grande versatilidade. A presentación no Cabazo non é ó azar, pois son dúas empresas galegas, unha de Ribadeo (Construcciones aeronáuticas de Galicia) e a outra de Lugo (Breogán ingeniería), as encargadas de poñer en marcha e desenvolver o proxecto.

Construcciones aeronáuticas de Galicia ten no seu haber os ‘Toxo‘, ‘Toxo II’ e ‘Xesta’ e unha longa historia non baleira de reviravoltas, marcando fitos de éxito e tempadas desaparecida, que vai superando ata o momento. Íase para Zaragoza, pero despois dunha azararosa viaxe segue asentada no aeródromo de Vilaframil (unha curiosidade á marxe: as siglas correspondentes a Vilaframil como aeroporto son LEVF). O que non se pode negar é un esprito de inventiva e de loita a José Luis González Miró. Adxunto unha captura de Pantalla traíada da Wikipedia dende a páxina adicada a CAG S.L.

En canto a Breogán Ingeniería, pouco se atopa na rede máis ca o seu teléfono e correo, repetido en diversos lugares e algunha persoa traballando nela. O seu obxecto é “a realización e formalización de proxectos de enxeñaría de toda índole”, como se pode atopar nunha desas páxinas.

Máis sobre CAG S.L. en ribadeando:

20080911: características do ‘Toxo’

20080615 Dificultades en Aragón.

20060803: A empresa aparenta ter dificultades.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *