A comezos de semana publiquei sobre o catálogo de paisaxes. Dende aquela, naceu un movemento para a inclusión nese catálogo de varios puntos de Ribadeo non incluídos nel. A ver que che parece a súa inclusión. Embaixo deixo un modelo imprimible a tamaño normal, e, antes, o texto correspondente e algún comentario, usable co ‘corta e pega’:
”
INSTITUTO DE ESTUDOS
DO TERRITORIO
Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
San Lázaro s/n.
157681 Santiago de Compostela
ALEGACION QUE PRESENTA D/Dna
………………………………………………………………………….
AO CATÁLOGO DE PAISAXES DE GALICIA.
DNI.: ………………………………….
Enderezo Postal:
……………………………………………..
Correo Electrónico:
…………………………………………
Teléfono: ……………………………………
Proposta de espazos singulares de Ribadeo para a
súa inclusión Catálogo de de paisaxes de Galicia e motivación da
proposta:
Fonte Cavada (loc. aprox. 43º32’5,26”N,
7º2’17,15”O): Antiga fonte e espazo urbano de especial
significación e beleza da zona antiga do casco urbano de Ribadeo.
Illa Pancha (loc. aprox. 43º33’22”,
7º2’30”O): Pequeno illote situado ao noroeste da Ría de
Ribadeo, onde están os faros de navegación. Incluido na Rede Natura
2000, actualmente ameazado de grave deterioro polo proxecto de
construción dun minihotel, cafetería, aparcamentos, sinalización,
bandeiras, etc. Constitúe un valor paisaxístico de primeira orde no
eido turístico, aparecendo en infinidade de guías, folletos, etc.
Ademais é un elemento referencial de fondo calado na sociedade
ribadense e na bisbarra galaico asturiana. Incluído na Zona de
Especial Protección de Aves, con especial valor para a
identificación do territorio polas aves migratorias e mesmo no
Convenio Internacional de RAMSAR.
As Aceas (loc. aprox. 43º31’10”N,
7º3’5”O): Enseada do mesmo nome e antigo muíño de mareas
parcialmente restaurado, conxunto de especial beleza e interese como
patrimonio histórico artesanal. Ademais existe outro muíño no
mesmo lugar. Ambolous dous muíños e cárcoba deste último precisan
completar a restauración para poñelos en funcionamento e retirar os
verquidos do fondo da enseada.
Pena Furada (loc. aprox. 43º32’59”N,
7º2’6”O): Como o seu nome indica é un penedo situado preto da
boca da ría con forma de ponte e furado no seu interior moi doado de
atopar en todo tipo de iconografía.
Rego da Viña (loc. aprox. 43º31’14”N,
7º3’26”O): Praia e ponte do antigo ferrocarril Ribadeo-A
Pontenova, un dos restos de dita liña mellor conservados e
inmortalizado por diversas testemuñas gráficas.
Asdo:
…………………………………………………………………………………..
Data: …………………………
”
Como comentarios, o primeiro, que as alegacións deben ser dirixidas con límite antes do día 12, martes, e poden entrar polo Portelo Único da Xunta, no Concello.
No documento de alegacións pódese incluír variacións, tendo en conta que as apreciacións para a inclusión dos lugares destacados pode ser consideradas de diferente xeito por diferentes persoas, ou a lista de lugares aumentada ou diminuída.
Non se inclúen as Catedrais nesta petición, pero si a illa Pancha e Pena Furada, aínda que os tres lugares están sinalados ‘daquela maneira’ en https://sixot.es/Paisaxe/Aeip?8. Remarco o ‘daquela maneira’ porque en as Catedrais, por exemplo, hai tres sinalizacións, e ningunha na posicións dos arcos; mais sábese que as catedrais teñen un seguemento detrás e van entrar si ou si no catálogo, mentres os outros dous puntos non teñen tal seguemento e poderían quedar fóra.
No catálogo, nestes momentos tamén está incluído Rinlo-pobo, pero non as cetáreas. Non están tampouco incluídos os Castros ou Castro das Grobas. Non se preserva a vista dende o Comado ou dende o Vilar… Será que moitas cousas non foron consideradas porque Galicia é rica (polo momento) en paisaxe.