Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

DE DRAGADOS E VERQUIDOS (Segunda volta) , por Evaristo Lombardero Rico


Un novo dragado da ría foi avisado. De novo, coller a area e tirala demasiado cerca, sen máis. Evaristo Lombardero fixo unha reseña para entrar no meollo do que está a pasar cos dragados. Só algún apunte máis antes de deixarte coas súas palabras: 1 milla náutica = 1852 m é a distancia máxima á que se depositarán areas equivalentes a encher o campo de fútbol do Ribadeo, pouco máis de 6000 m2, cunha altura de area de preto de 40 m, que se retirará da canle de Gondán. A unha distancia que podería, ademais dos destrozos que cause nas proximidades do lugar de verquido, voltar entrar na ría.

O lugar sinalado na composición fotográfica sinala aprosimadamente a milla naútica de distancia á Punta da Cruz da que se fala no artigo de Evaristo.

O Boletín
Oficial de la provincia de Asturias do día 3/5/16 ven de publicar a
resolución pola que se formula declaración de Impacto Ambiental do
proxecto de dragado n acalde de As Figueiras. A resolución,
naturalmente, é favorable ao proxecto “con tódolos pronunciamentos”.


Lembraremos brevemente que o proxecto consiste no dragado de
225.000 metros cúbicos de materiais sedimentarios entre Asteleiros
Gondan e a Ponte dos Santos, repartidos en catro anualidades de 55.000
m3 cada unha. O dragado leva aparellado o verquido destes materiais
aproximadamente a unha milla ao norte da Punta da Cruz. A Plataforma
pola Defensa da Ría de Ribadeo presentou unha alegación en tempo e forma
ao ponto de verquido. Suliñamos o problema da colmatación progresiva
na boca da ría, nos canais e nos resto dos espazos. Lembramos a
evidencia destes datos, confirmados, entre outros, polos estudos
batimétricos realizados para a confección das cartas mariñas oficiais e
o amplísimo consenso entre os profesionais. Prantexamos como
alternativa que o ponto de verquido se desprazase ao norte e que se
fixese un seguimento do impacto do verquido con estudos batimétricos
previos, perante e ao remate dos dragados. A resposta está na
páxina www.asturias.es, “Consultas e información pública de trámites
ambientales”. O sustantivo é a frase seguinte: No se contempla realizar
estudios batimétricos de la zona de vertido, ni durante ni a la
finalización del vertido, por no ser un requisito obligatorio (al
tratarse de un vertido inferior a 250.000 metros cúbicos y de materiales
de categoría A, tal y como establecen las directrices del CIEM en su
artículo 46.3.V).

Despois de revisar as directrices do
CIEM (Comisión Interministerial de estrategias marinas 2015) entendemos
que a declaración de impacto ambiental fai unha lectura sesgada das
devanditas directrices e concretamente do todo o capítulo VII (art 29 e
seguintes) do cal somente imos suliñar os seguintes apartados pola sua
extensión: 

   Art 29. Evaluación de las zonas de vertido

   1
Para aquellos materiales pertenecientes a las categorías A o B y cuya
alternativa de gestión resulte ser el vertido al mar, el promotor de la
actuación deberá proceder a la selección de la zona más adecuada para el
mismo. Para considerar y evaluar las diferentes alternativas se deberá
disponer de la siguiente información referente a cada zona y su entorno.

      i Características batimétricas de la zona.

     iii
Localización de áreas amparadas por cualquier figura de protección
autonómica, nacional o internacional, con determinación expresa de la
distancia mínima hasta las mismas.

      iv. Identificación de otros
usos legítimos del mar que pudieran resultar afectados por la actuación,
con especial atención a la existencia de zonas sensibles y caladeros de
pesca.

     v. Identificación de zonas degradadas, especialmente
zonas de vertido de material dragado o de cualquier otro tipo de
desecho, o contaminadas e información sobre las causas que originaron
dicha situación y los contaminantes implicados.

   5.
Sobre la zona finalmente seleccionada y cuando no se disponga de la
información necesaria a través de estudios previos en la misma, se
deberá proceder a la realización de campañas de reconocimiento y de toma
de datos y muestras en campo con el siguiente alcance:

     i. Levantamiento batimétrico. 


Mais adiante as directrices recomendan que se teñan en conta
especialmente as zonas incluidas na Rede Natura 2000 e prohíbe os
verquidos onde haxa menos de 25 metros de calado. Se temos en conta que a
propia resolución de impacto rexeita a posibilidade de realizar estudos
batimétricos que os últimos oficiais publicados teñen mais de dez anos
darémonos de conta cómo se están incumplindo outravolta as normas de
protección da ría e mesmo dándolle un aer de legalidade a través dunha
lectura parcial e sesgada das mesmas.

Fronte a esta
situación hai varias vías. A xurídica, económicamente inviable e de
eficacia nula. A política que agora pode ter alguna porta aberta pero
fora na nosa comarca, onde non hai con quen contar. Debemos suliñar mais
unha vez a papel do alcalde de Ribadeo e o seu grupo que non ten
ninguna actividade nen proxecto de promover ningunha iniciativa pola
protección da ría. Finalmente queda a vía da información e movilización
sociocultural, tamén de escasos resultados.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *