Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Competencia: Barres e Ribadeo


Polígono industrial en obras. Ribadeo? Non, Barres! Algunha nova fala do tema? Se a houbo, pasou desapercibida.

Mais aí están as obras xa avanzadas (a imaxe está tomada de Google maps e reformada coa ‘actualización’) para dotar ó polígono industrial de Barres, onde teñen emigrado empresas que se instalarían en Ribadeo de non levar moitos anos de retraso o polígono ribadense, dunha vía directa á autovía. Algo que o estaba lastrando fronte á boa posición do polígono ribadense, que non remata de despegar. E aí está, a redución de uns 2 km de distancia, cun cruce intermedio, a menos de 600 m directos da rotonda de saída do polígono á rotonda de acceso á autovía. Ou sexa, adeus a esa vantaxe do polígono ribadense.

E na actualidade (as fotos ‘non son de hoxe’, pero si abondo recentes como para manifestar a actualidade), os dous polígonos pintan así, en fotos do sigpac á mesma escala:

Ribadeo:

Barres:

As diferenzas son visibles.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *