Complementado a nova desta mañá sobre a marcha reivindicativa do ferrocarril mineiro, deixo dous apuntes dun blog que aínda segue a funcionar, mesmo cando está destinado a desaparecer en non moito tempo:
http://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/09/20080816-sobre-rota-do-tren-mineiro.html
20080816 sobre a rota do tren mineiro
COSTAS DESTINA 150.000 EUROS Á REDACCIÓN DO PROXECTO PARA A RECUPERACIÓN
DA RUTA DO TREN MINEIRO ENTRE RIBADEO E TRABADA. O ALCALDE AMOSÁSE
SATISFEITO POR ESTE ANUNCIO.
Ribadeo, 16 de setembro de 2008. O
alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, informou onte no pleno aos membros
da Corporación Municipal, do compromiso de Costas para proceder á
recuperación da ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Trabada “xa que xa
ten aprobado un orzamento de preto de 150.000 para a redacción do
proxecto. Trátase dunha ruta magnífica e será unha das mellores sendas
verdes de todo o estado”.
O rexedor lembra que esa ruta “estivo en
funcionamento desde o ano 1905 ata o 1964 e desde entón, sobre todo nos
tramos de Ribadeo… hai algúns que son públicos e outros non. A intención
do Ministerio de Medio Ambiente é facer ese proxecto expropiando os
terreos que faga falla para darlle continuidade e poder empatar estes
tramos que faltan entre Ribadeo e Trabada cos que xa están feitos en San
Tirso de Abres e A Pontenova”. Fernando Suárez engade que “falamos
dunha realidade en non moito tempo. Desde o punto de vista turístico
será posible que alguén que queira ir camiñando ou en bicicleta entre
Ribadeo e A Pontenova o poida facer a través dunha paisaxe maravillosa
ás beiras da ría de Ribadeo e despois subindo ás beiras do río Eo. É
algo que nos colma de satisfacción e que amosa a sensibilidade dos
responsables de Costas con esta ruta que une dúas comunidades: Galicia e
Asturias”.
Galescola
No pleno de onte, aprobóuse cos votos a
favor do BNG, PSOE e UPRI e os votos en contra do PP, a ratificación
definitiva do acordó de cesión dunha parcela municipal á Xunta para a
construcción dunha galescola para nenos de 0 a 3 anos. Fernando Suárez
explica que “pasou o período de exposición pública e non houbo
alegacións e agora só resta que se adxudique o proxecto e as obras
agardamos que se inicien en breve, si é posible a principios de 2009,
para que Ribadeo non só poida manter a escola infantil que xa está a
funcionar desde hai tempo, senón que contará con outra que cubrirá a
demanda de prazas existente na actualidade”.
http://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/10/20081023-estradas-n640-e-n642.html
20081023 Estradas N640 e N642
FOMENTO ESTÁ A REDACTAR OS PROXECTOS PARA MELLORAR O FIRME NAS ESTRADAS
N-640 E N-642 ENTRE PORTO E A PONTENOVA E ENTRE PORTO E RIBADEO. ASÍ LLO
CONFIRMARON NAS ÚLTIMAS HORAS AO ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo,
23 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, recibiu
nas últimas horas un escrito da Demarcación de Estradas do Estado en
Lugo, no que lle aseguran que “a Unidade de Estradas está a redactar
dous proxectos de mellora do firme: un afecta á N-640 no tramo entre
Porto e A Pontenova e o outro á N-642 no treito entre Porto e Ribadeo”.
O
rexedor asegura que “como alcalde de Ribadeo sempre estiven preocupado
pola situación destes viais que debo decir que non é nova. A situación
degradada destes tramos de estrada está así desde hai tempo, non é algo
que se degradara nos últimos tres ou catro meses, senón que ven desde
moito atrás”. Fernando Suárez explica que “xa tiñamos iniciado conversas
no seu momento coa Demarcación de Estradas en Lugo que pertence ao
Ministerio de Fomento e ao non daren resultado contactei persoalmente co
xefe da Unidade, Narciso González Florido e lle pedin que o que a min
me decía verbalmente o enviase por escrito para que conste a intención
do Ministerio do Fomento que di que agora están redactando uns proxectos
de mellora do firme que vai de Ribadeo a Porto e de Porto á Pontenova.
Polo menos esa é a zona que lle decíamos que ten un estado moi
lamentable e que cando chove ou cando fai mal tempo se intensifican os
accidentes de tráfico”.
O alcalde confía en que “agora estes
proxectos se liciten enseguida e se proceda a executalos canto antes. Él
tamén é receptivo a esta mensaxe que lle mandamos desde Ribadeo e que
ademáis por outra banda tanta polémica estivo a dar nos últimos meses a
nivel político, pero confiamos en que Fomento se poña as pilas, acabe de
redactar estes proxectos que nos argumentan que están facendo e que os
liciten dunha vez”.