Celebrouse o sábado 2 de setembro o pregón das festas patronais deste 2017, a cargo de Celia Castro. Se o perdiches, aínda que sen diapositivas que o acompañen, nin ambiente do cine teatro, nin Polifónica actuando, embaixo o tes, cedido pola autora.
O pregón dende o patio de butacas |
O pregón dende o galiñeiro. |
PREGÓN DAS FESTAS PATRONÁIS DE RIBADEO 2017
Boas noites a todos:
Autoridades, membros da Comisión de Festas, veciños e visitantes.
Antes de nada quero agradecer ao Concello e aos membros da Comisión das Festas Patronáis a proposta que me fixeron para ler o Pregón este ano. Esto supón para mín una grande honra, porque teño a gala ser ribadense de nacemento e corazón, como a maioría dos que aquí vos atopades.
Quizáis non son a persoa máis adecuada para facelo, pois neste pobo sobran persoeiros con mais méritos. O meu, considero, e tan só tentar facer ben o meu traballo, e investigar e transmitir, na medida do posible, aspectos da nosa historia local.
É a primeira vez que dou un pregón, polo tanto, agardo que saibades desculpar as carencias que este poda ter.
Á hora de escribilo viñéronme á memoria aqueles fermosos versos de Lope de Vega:
“Un soneto me manda hacer Violante,
Que en mi vida me he visto en tal aprieto.”
Todos me coñecedes, porque nacín e vivin aquí a miña infancia e mocedade, e sigo vivindo cando o traballo mo permite, polo que creo que non necesito presentarme.
Sen embargo, gostaríame facer una breve referencia aos meus orixes familiares, explicándovos cómo cheguéi a ser ribadense.
Meus avós maternos, Carmen e Cándido, procedentes ambos de familias numerosas do medio rural, víronse obrigados moi novos a emigrar, a La Habana para buscarse un futuro.
Meu avó Cándido, procedente de Alaxe, parroquia do Valadouro, aprendéu o oficio de tintoreiro no establecemento que tiñan unos parentes acomodados, en dita cidade.
Aos vintetrés anos montóu o seu propio negocio en San José de las Lajas, barrio de La Habana.
Un día, no porto, agardando un barco, na espera de un veciño, coñecéu a miña avóa, que estaba tamén a espera de un parente, e tras un corto noivado de seis meses, casaron.
Tiveron dous fillos, miña nai, Ofelia, e meu tío Cándido.
En 1936, fartos dos desordes e inestabilidade política que asolaba a illa, decidiron voltar a España, e así chegaron a Ribadeo, onde residía dende 1932 un irmao moi querido de meu avó, José Manuel.
José Manuel fundóu dous negocios en Ribadeo: A “Casa Americana”, de sastrería e confección, e a “Tintorería Americana”.
Aos 9 días da chegada dos meus avós a Ribadeo, estalóu a Guerra Civil. Debido a este feito, decidiron quedar neste pobo e facerse cargo de un dos negocios de José Manuel, a Tintorería Americana, situada na rúa Virxe do Camiño 3, que logo trasladarían ao nº 22 da cercana rúa de San Roque, e que rexentarían ata 1964.
Có tempo, miña nai casóu con meu pai, Edelmiro, procedente tamén do Valadouro e un 9 de setembro, dun ano que queda xa moi lonxe, nacín eu, en plenas Festas Patronáis.
Mais tarde, os meus avós paternos, procedentes tamén do Valadouro, instalaríanse en Ribadeo, fundando un negocio de ultramarinos tamén na rúa San Roque, nº 57, chamado “El Valle de Oro”.
Ollando agora, á miña lonxana infancia, fago un reconto dos ribadenses que, aparte dos meus familiares, influiron de algún xeito na miña vida e forma de ver as cousas.
Ribadenses cheos de calidade humana, de sabiduría, de pacencia, que coordinaban o seu bon facer diario con tarefas culturáis, que ás veces roubaban horas á súa vida familiar, pero que eles sabían compatibilizar con alegría e bon humor.
Así, anos mais tarde, soupen, que aquel home tranquilo, que xunto con miña nai me ensinóu a ler cunhos cartonciños azuis que levaban un debuxo pintado, e o nome que lle correspondía, na parte inferior, dividido en sílabas, Don Gregorio Sanz, era en realidade un extraordinario mestre, pedagogo e traballador da cultura. Que aquel método co que aprendín a ler xa fora utilizado pola Institución Libre de Ensinanza, e que agora, na época actual, recibe o solemne nome de Lectura asociativa.
Don Gregorio, ademáis foi un dos creadores da Cabalgata de Reis en Ribadeo. Él e outros veciños, ese día, facían una colecta, según as súas propias palabras:
“Para que todos los niños, fuese cual fuese su situación económica, tuviesen el día de Reyes, al menos, un juguete”.
Ademáis, fundóu, xunto con Amando Suárez Couto e Camilo Barcia Trelles, a Biblioteca Popular Circulante, xermen da actual.
Mais tarde, no Colexio do Sagrado Corazón, aprendín a convivir e a participar en actos culturáis de carácter público, como aquelas veladas no Teatro da Vila, dirixidas por Sor Pilar de León e amenizadas ca música do violín de Carlos de la Moda.
Tamén a participar na Semana Santa, como tantos nenos da vila, caracterizada de Anxo, de María ou de Samaritana, actividades que coordinaba de maneira eficaz e entusiasta a profesora Mari Paz Otero Aenlle.
¿Como esquecer os primeiros actos solemnes na igrexa parroquial, e a Don Enrique López Galuá, que ofrecía pesos a quen acertase as preguntas do catecismo?. ¡Que rabia!, case sempre lles preguntaba a os nenos, co que as nenas rara vez obtíñamos algún premio.
Có tempo tamén soupen que Don Enrique era autor de varios libros de teoloxía, e que un deles, ”Buscando a Dios”, era lectura obrigada na Academia Militar de Zaragoza.
Mais tarde os primeiros cursos de Bachillerato na Academia Santo Tomás de Aquino, o Padre Domingo, ca súa infinita pacencia, e Don Amando Suárez Couto, Don Amando, ao que a Guerra Civil truncóu unha carreira artística máis que prometedora.
Don Amando tiña maxia nos dedos. Despois de traballar trinta e seis anos nunha Escola de Arte, onde ademáis de alumnos hai artistas consagrados, creo que poido opinar algo sobre o tema, e digo, que nunca, nunca, vin debuxar a alguén como él o facía.
A súa inquedanza cultural era enorme. Andando o tempo enteréime que tamén fora músico, participando nas rondallas ribadenses de principios de século, xunto con Antonio Darriba, e Emilio Vior entre outros. Tamén tomaba parte nas veladas teatráis, e foi cofundador do Ribadeo Fútbol Club.
Como dato curioso, suliñarei, que hai exactamente noventa e tres anos hoxe, o día 2 de Setembro de 1924, presentóuse neste mesmo Teatro, co gallo das Festas Patronáis, con gran éxito, o grupo folklórico Cantigas da Mariña, creado e dirixido polo propio Don Amando.
Este grupo suspendéu as súas actuacións en 1929, por diversos motivos, reanudándose estas en 1933 por iniciativa de Claudio Pérez Prieto, “Claudín de Dona Eudoxia”, sendo dirixido por Leonardo Fernández Reinante.
Co seus irmaos Carlos e Amadora, fundaria en 1960 o grupo de gaiteiras “Meniñas da saudade”, o primeiro composto exclusivamente por mulleres,que obtivo grandes éxitos e tivo a súa útima actuación en 1997.
Leonardo Fernández Reinante, que todos recordamos pola súa época de Bibliotecario Municipal, foi outro dos ribadenses que destacaron pola súa labor no campo da cultura. Músico e profesor de violín, tocaba ademáis a caixa o clarinete, o órgano, o piano e o baixo. Compuxo cantigas, obras polifónicas, serenatas, unha zarzuela, etc, traballando ademáis noutros aspectos culturáis. Grazas a él e a alguns outros ribadenses que gardaron os libros do Ateneo, non foron estos destruidos durante a Guerra Civil.
¿Cómo esquecer a D.Manuel Fernández Reinante, o emblemático cura de Pita? Home de gran cultura, foi o último eclesiástico da zona habilitado para facer exorcismos.
Son tantos e tantos os conveciños orixinais e xeniáis que darían para tres ou catro pregóns, pero non vos asustedes, seréi breve:
Recordo a Carlos Álvarez e Fernández Cid, dirixindo a Coral Polifónica cunha señorial capa azul, a Manolo Cortés enchendo a igrexa ca súa magnífica voz de tenor, nas ceremonias relixiosas.
E actos menos solemnes, pero igualmente festivos, como o Antroido, celebrado tradicionalmente en Ribadeo, incluso cando non era ben visto, grazas á confianza e iniciativa do alcalde Pancho Maseda. O Carnaval de Vrao, evento agardado con ansia, no que o bon facer e os álbumes antigos de Luisita Coldeira, axudáronnos a gañar algún premio.
E entre tanto, iamos medrando, xurdían os primeiros dilemas e compría tomar as primeiras decisións importantes que nos permitisen encarar o futuro.
Eu quería ser profesora de literatura, e adicarme a escribir nos ratos libres, pero no Instituto asistín as clases maxistráis de Don Juan Suárez-Acevedo, e influida por elas, decidín estudar Historia da Arte, nunca me arrepentín.
Pouco a pouco, os mozos de entón, iamos participando nas distintas actividades locáis. Ribadeo sempre foi un referente cultural na Mariña, un elemento dinámico onde tiñan cabida as iniciativas máis diversas: Os concertos, as obras de teatro, a Feira do Libro. Xurdiron asociacións culturáis tan emblemáticas como “Francisco Lanza”, diversas agrupacións musicáis, folklóricas e populares, ata chegar hai vintecinco anos á creación da actual banda de música, tan agardada polos veciños, sobre todo os de maior idade, fartos de repetir:
“Un pueblo no es nada sin banda de música”.
Ribadenses da talla de Daniel Cortezón, Dionisio Gamallo ou Suso Peña, por citar algúns, dábannos lustre ca súa categoría intelectual e humana, facéndonos sentir importantes e apreciados.
Quero facer una referencia especial ao pintor ribadense afincado en Granada, Benito Prieto Coussent .
De familia procedente de La Bañeza, foi o primeiro fillo de Benito Prieto Ferrero, que establecéu un bon estudo fotográfico na nosa vila en 1901, chamado “La Modernista”, con sucursáis en Navia e A Veiga. Un dos seus anuncios estaba redactado nos seguintes termos:
“Si retratos superiores
queréis hacer, ¡Oh lectores!
y os viérais en un aprieto,
sabed que son los mejores
los que hace Benito Prieto”.
Benito Prieto Coussent, famoso polos seus Cristos de realismo exacerbado, e os seus magníficos retratos, foi bon amigo de Dionisio Gamallo e Daniel Cortezón, entre outros ribadenses.
Tamén quero ter hoxe un recordo especial para o seu fillo Benito Prieto Rejón, que viaxóu dende Alemaña en abril do 2013, co gallo da adicación de una rúa ao seu pai neste concello. Foi una xornada leda e emotiva, para él e para todos. Falecería dous anos máis tarde, a consecuencia de unha grave e cruel enfermidade.
Pero o punto álxido neste devenir foi sin duda o nomeamento de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do Goberno.
Ribadeo era o seu lugar habitual de descanso en vacacións, e debido a o seu cargo político e popularidade, o noso pobo adquiréu tamén gran sona. Creo que ademáis de varios logros políticos e sociáis, debémoslle tamén a promoción da Praia das Catedráis, hoxe auténtico fenómeno mediático.
O carácter de un pobo faino a súa xente. Como di José Agustín Goytisolo nun fermoso poema que todos coñecedes, “Palabras para Julia”, musicado e interpretado por Paco Ibáñez:
“Un hombre solo, una mujer, así tomados, de uno en uno, son como polvo, no son nada”.
Esta unión, e esta suma ás iniciativas de todo tipo, é o que fai posible, que eventos como o do “Ribadeo Indiano”, teñan esta excelente acollida e proxección.
E ainda que as cousas cambiaron moito dende hay cincuenta anos, (¡da grima esta cifra!), e o ritmo das estacións xa non ven marcado polos pantalóns curtos, os calcetíns brancos ou a caseta dos churros creada por Aniceto, “O Barquillero”, despois rexentada por Juan, e que hacia 1960 Marina e Manolo poñían no Campo, que era para nós un anuncio da primavera, os ribadenses seguimos sendo os mesmos.
A diferenza está en que agora, os mozos xa non somos nós, outros tomaron o relevo.
As Festas de Santa María do Campo, son, sen embargo agardadas ca mesma ilusión. Non sei si seguen existindo Chacoli e a meiga Candelaria, pero sí os coches eléctricos, o algodón de azucre e a música. Tamén os Cocos, os invitados que agasallan con cartos aos nenos, e o boureo das tómbolas.
As Festas Patronáis marcan o fin da despreocupación do vrao, son un sopro de aire fresco antes do inverno. A frase, “Despois das Festas”, tan repetida é a expresión máis contundente deste sentir.
Por iso, aproveitémolas una vez máis. ¡Que sexan para nós una fonte de ledicia e diversión!.
Fagámonos eco da famosa cantiga dos “Ruiseñores del Eo”, mostrando unha vez máis a nosa “grata animación”, en paz e en armonía.
Para pechar este pregón, permitiréime un pequeno berro, á discreta maneira ribadense:
¡Viva a nosa patrona Santa María do Campo!
¡Felices Festas Patronáis 2017 ¡.