Iso di a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña. E por iso pon a disposición dos pacientes un buzón de reclamacións complementario ó que mantén a estrutura oficial.
A razón? A falta de resposta da administración. Deste xeito, a plataforma terá unha visión máis clara do que está a ocorrer, ó tempo que ó xestionar as queixas por xunto pode facer maior presión para que sexan solucionadas.
Apunta como poñerte en contacto coa Plataforma: aínda que ti podas ‘pasar’ sen queixarte, se tes motivos, debes facelo: farás un ben á comunidade.
Imaxe da manifestación do 4 de outubro en Burela, collida do Facebook da plataforma: