Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Curiosidades en Santa Cruz


O ribadense espazo de Santa Cruz no inverno non soe ter moitas visitas. E a natureza, mentres, está a preparar a primavera e o verán, ás veces, con sorpresa.

Non é que presente un aspecto moi diferente, mais hai sempre curiosidades que ver. Aquí deixo algunhas, tomadas días atrás.

A árbore da imaxe parece modelada, pois polo entorno un non pode imaxinar que o levou a esa forma.

 As silvas agroman no seto en diversos lugares, con estruturas densas, entrelazadas, que saen ó exterior polo alto e baixan ata o mesmo chan.

Herba da pamapa nun estadio primeirizo?

Os loureiros parece que procuraron o acubillo do seto para que os visitantes non os molestaran e os deixaran medrar.

 Entre as follas caídas das árbores aparecen plantas que poden sobresaír. Como se chama esta?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *