Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade


    No seu momento, esquecín poñer ó día un gráfico curioso: o das idades dos alcaldes de Ribadeo. Aproveito agora para actualizalo de xeito parcial.

    Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos tos sen cubrir).

    O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende o advenimento da etapa democrática. E en Ribadeo, despois de ter o alcalde máis novo no 2007, vaise incorporando á tendencia xeral.

    A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a
alcaldía foi abondo menos continuísta que na actualidade; de feito, o actual mandato completará 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da
ditadura.

    Unha
nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de
nacemento, polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o
mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos,
cando lle falta un día para cumprir os 46.

    E unha lista ata a actualidade:

    1979 – Mario Meira, substituído uns meses por M. Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez

    1983
– Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha disputa de
votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que
deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.

    1987 e 1991 – Eduardo Gutiérrez Fernández

    1995 e 1999 – José Carlos Rodríguez Andina

    2003 – Balbino Eugenio Pérez Vacas.

    2007, 2011, 2015, 2019 – Fernando Suárez Barcia 

Versión anterior (2017)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *