Denuncian o uso indebido do Faro da illa Pancha en Ribadeo
- Ecoloxistas en Acción demanda á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que indague como se concedeu permiso de explotación
do Faro da illa Pancha sen o Estudo de Impacto Ambiental preceptivo. O
propio Defensor do Pobo corrobora na súa resposta que non consta que
fora elaborado o obrigado Estudo de Impacto Ambiental preceptivo. - A organización ecoloxistas denuncia que a avaliación das
repercusións sobre a Rede Natura 2000 resulta obrigatoria para todos os
proxectos que poidan afectar de forma apreciable ás especies ou hábitats
obxecto de conservación na Rede Natura 2000 á que pertence a illa
Pancha – Ría de Ribadeo. - Veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo uso da illa
Pancha por unha empresa privada para apartamentos turísticos da illa
Pancha constituíronse no colectivo “Polo noso faro”. Dito colectivo
demandou a colaboración de Ecoloxistas en Acción ante o desleixo das
administracións por responder así súas solicitudes administrativas e
peticións de informacións.
A lexislación portuaria parte da regra xeral de prohibición de uso
habitacional ou residencial, coincidindo co tenor da Lei de Costas que
sinala que no dominio público portuario só poderán levarse a cabo
actividades, instalacións e construcións acordes cos usos portuarios e
de sinalización marítima, de conformidade co establecido na Lei de
Portos do Estado e da Mariña Mercante.
Os requisitos legais que permiten o eventual levantamento da
prohibición para o seu uso hostaleiro deben obedecer a razóns de
«interese xeral» debidamente acreditadas. En todos os casos, ha de
intervir preceptivamente Portos do Estado emitindo o correspondente
informe, o cal debe ponderar os motivos que xustifican a implantación do
uso hostaleiro, e a súa harmonización co interese xeral informado pola
Autoridade Portuaria.
Ecoloxistas en Acción reclama á Autoridade Portuaria de Ferrol – San
Cibrao o informe no que se recollan os motivos que xustifican a
implantación do uso hostaleiro e a súa harmonización co interese xeral.
Ademais solicitan copia da autorización da Dirección Xeral da Costa e o
Mar pola ocupación do dominio público marítimo-terrestre. A organización
ecoloxistas sinala que no expediente debe constar tamén a autorización
da Dirección Xeral do Patrimonio Natural ou, no seu defecto, do
departamento que corresponda da Consellería de Medio ambiente,
Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Na denuncia presentada Ecoloxistas en Acción solicita á Autoridade
Portuaria de Ferrol – San Cibrao que se ordene incoar o correspondente
procedemento sancionador e que na resolución que recaia no mesmo,
ademais das sancións que procedan, impóñase ao infractor a obrigación de
reparar o dano causado, e subsidiariamente, que indemnice os danos e
prexuízos que non poidan ser reparados, impoñéndose ao infractor as
multas coercitivas necesarias para cumprir o ordenado, en caso de non
realizar voluntariamente a reparación ou indemnización impostas.
Ubicación e características do faro da illa Pancha
A dous quilómetros da localidade de Ribadeo (Lugo) localízase a illa
Pancha. Esta illa está na parte máis occidental da Ría de Ribadeo e
alberga un faro construido no 1857, operativo ata 1983 e dependente da
Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.
Polas súas características a Ría de Ribadeo ten recoñecidas varias figuras de protección:
- Zona Especial de Conservación «Río Eo», ZEC ES1120002 de 982 h.
- Humidal Protexido “Ría de Ribadeo”, de 614 h.
- Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Río Eo”, de 1.003 has. e “Ribadeo” de 536 h.
- Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.
- Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) «Ría do Eo», con 1.740 h (Compartidas con Asturias).
- Zona de Especial Protección das Aves, ZEPA ES0000085 625 h.
A illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo foi construído no
século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século
XX. Segundo algunhas guías turísticas, está considerado como un dos
faros máis fermosos de Galicia e tamén é o primeiro deles entrando nesta
comunidade desde Asturias. Forma parte do Roteiro dos Miradoiros.
Ademáis a illa está a 8 quilómetros da praia das Catedrais, declarado
Monumento Natural segundo a Orde do 5 de xullo de 2020 da Xunta de
Galicia de julio de 2020.
Concentración en 2016 |