Só unhas poucas verbas para facerme eco dunha nova que máis que nova é un documento sobre os efectos da pretendida celulosa de Altri na Ulloa sobre a saúde. A nosa saúde, a de todos, por moito que afecte máis, naturalmente, á zona da Ulloa e río abaixo. Por certo, apoiado no único traballo que existe sobre o tema, que saíu do grupo de Sonia Villapol, de quen seguro que tes escoitado falar aínda que do traballo emncionado non se escoitara nada nos medios ‘tradicionais’.
A ligazón: https://praza.gal/opinion/proxecto-altri-e-asma-bronquial
Captura de pantalla do artigo mencionado. |