Variante Delta
Era de manual. Os virus que provocan estados pandémicos mutan. As
fórmulas sanitarias máis eficaces para defendernos son dúas. A campaña
de vacinación que acade en menor tempo ao maior número de suxeitos
sans susceptibles. O seguimento de como se comporta o virus para romper
a súa cadea de transmisión. E no medio algo elemental pero
desgraciadamente inusual na nosa contorna. Son os expertos en saúde
pública, epidemiólogos, virólogos, sanitarios de alto rango e
experiencia, quen deben dirixir as medidas para a poboación. Aquí, foron
e seguen sendo os políticos quen o fan.
Queixábase o presidente Núñez Feijoo, con toda a razón. De súpeto as
máscaras xa non son necesarias. Díxoo o Presidente do Goberno,
deixando fóra de xogo a comités e comunidades. E é que non creo ser mal
pensado cando afirmo que todo vale para distraer ao persoal ante outros
problemas de gran calado nacional. Así esta pandemia recoñeceuse tarde,
aplicáronselle medidas coercitivas que vulneraron os Dereitos
Fundamentais con aquelas impresionantes postas en escena onde parecía
que serían os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado os principais
actuantes, para concluír cando convén á maltrecha economía de España,
máxime por tratarse dun país que depende do lecer. Así que xa o saben.
Non só chega o verán meteorolóxico. Chega a normalidad oficial.
Recórdame a época da oprobiosa, cando o frío oficial empezaba o primeiro
de novembro e acendíanse as calefacciones dos recintos públicos, que se
apagaban o primeiro de abril polas mesmas obediencias debidas.
Pero a información está globalizada. Xa non se pode manipular co fútbol e
os touros. Calquera pode acceder mediante internet aos informes da OMS e
as súas diferentes antenas sanitarias. Hai unha cepa -delta- procedente
da India que é máis infecciosa, estase estendendo velozmente polo
mapamundi, hai serias dúbidas sobre a súa resistencia ás vacunas ao uso,
a máis diso a curta duración dos anti corpos vacinais; todo indica que
no outono ou quizá antes, terémola sobre nós, e haberá que volver ao
quilómetro cero. Con novas campañas de vacunación.
Deberiamos tomar boa nota. Deberían reforzar as medidas de prevención e
asistencia, máis aló daqueles aplausos das 20 horas -quen os lembra
xa?-. Poida que tralo verán teñamos informes técnicos, sen manoseo
político, sobre número real de mortes pola pandemia, traballadores
sanitarios afectados, erros gravísimos cometidos, e se extraeran
cambios para as nosas formas de vida, traballo, diversión e sociabilidad
que eviten os contagios.
Sempre me estrañou. Non están prohibidos por Normas do Estado e das
Comunidades, os botellóns? Entón, que pasa co fenómeno? E as
residencias para os nosos maiores. Incorporámolas ao denominado espazo
socio sanitario -curar e coidar-? Non podo nin quero evitalo. Son un
optimista ben informado -pesimista-.