Unha nova baixada achega as boas novas. Aínda así, 68 casos segue a implicar unha incidencia alta, de 680 por cada 100 000 habitantes ós 14 días. E enterámonos de que o bicho entrou na nova residencia de maiores, cun residente no hospital e outros dous illados. Tería entrado – din – por alguén novo en plantilla. Controlado xa? Esperemos. E as implicacións do cambio de veraneantes ó fin de mes? Verase.