Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O futuro? Pasa polo de decremento. Infórmate


    Mañá sábado 30 de outubro, ás 18:30, terá lugar no Cine-teatro de Ribadeo a presentación da rede para o decrecemento mediante a do libro de textos extraídos do I Congreso sobre Decrecemento, “Decremento: construíndo alternativa”.

   Iván Rodríguez Lombardero, Isabel Villalba Seivane e Miguel Anxo Abraira, achegaránse a falar nuntempo para falar do
importante entre tantas urxencias que non nos deixa ollar alén das
árbores máis achegadas”.

   Un tempo para enterarnos, e, se cadra, concienciarnos dun futuro que é xa, inminente. Sobre iso, unha idea: algunha vez teño xa falado do blog sobre a illa de Pascua e a historia que me contaron sobre ela, que de xeito resumido sería algo así: A illa de Pascua tiña unha comunidade relativamente próspera, e a illa mantíñase como sistema ecolóxico. Mais a poboación e o consumo aumentou, a illa talouse para conseguir enerxía e alimento e convertiuse nun lugar desanxelado onde poucas cousas medran sen dificultade. A poboación pasou fame e o sistmea social físoxe máis primitivo, de xeito que cando chegaron os ‘descubridores’ atoparon unha sociedade moi udimentaria onde mesmo se practicaba o canibalismo e que non podería ter sido capaz de facer os moais, as xigantescas estatuas en pedra que son o símbolo da illa e o alicerce turístico que move a súa economía actual. Saíron do sistema no que caeron por o resto do cumndo. Pero na actualidade, é o mundo enteiro o que está a caer no furado. Virán os extraterrestres sacarnos del?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *