Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.602 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pontes dos Moreno dende Ortigosa con Antonio Tejero


Os irmáns Moreno teñen presenza viva en Ribadeo. Pero non só. A máis de ‘nas Américas’ e en Ribadeo, Ortigosa de Cameros conta con dúas pontes patrocinadas por eles, a ponte de ferro (‘puente de hierro’), á que contribuíron, e o viaduto San Martín, pagado por eles por enteiro. Así o amosa mesmo o libro ‘El legado de los hermanos Moreno Ulloa. Un legado de arquitectura y progreso’, de Pablo Rodríguez Fernández, ‘Vivín’ (EOditorial, 2026), con participación de Antonio Tejero Vadillos e Ruth González-Miró Pérez, que saíu á luz este ano.

Pois ben, un contribuidor ó libro, Antonio Tejero, ortigosano el como a raíz dos Moreno Ulloa, é fotógrafo e ten fotografado as moitas pontes do pequeno (33 km2) concello de Ortigosa, algunhas delas venerables por vellas, outras, por audaces, pero, baixo a cámarta de Antonio, ningunha prescindible e todas chamativas dende a mirada rodeada por Ribadeo.
Quedan en baixo dous vídeos da exposición que se pode ver na oficina de Turismo de Ribadeo:

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *