
Recuncho da lectura: Bakhita
Bakhita. Véronique Olmi. ISBN 9782226393227. Éditions Albin Michel. Paris 2017. 456 p. (fr)
Histórica, si, mais novela. Ás veces bótaselle de menos a historia plana, ás veces nótaselle que sobra interpretación dirixida… En si, unha estrutura onde a parte agria ocupa a maioría do texto como querendo aproveitar o tirón macabro, mentres a historia propia que se pretende simplifícase amosando unha persoa simple máis que sinxela, e non entrando nos seus méritos alón da súa resistencia á vida.
https://lectura.social/book/194871/s/bakhita – Comentarios en Lectura.social
https://archive.org/details/bakhitaroman0000olmi/mode/2up – dispoñible en Archive.org
