Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.595 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Boas novas sobre os plenos (e hoxe, pleno!)


Varias cousas. A primeira, coido que é unha boa nova, si. Hoxe aparece difundida, como outra actividade calquera das que intervén o concello, pola axencia contratada para esas cousas, unha nova particular: que esta tarde ás oito haberá pleno. E non só iso, senón que se poderá seguir por difusión na rede, en directo e en diferido. Os anuncios:

A difusión será na canle de Youtube do concello, https://www.youtube.com/@ConcelloRibadeo/streams . E con este serán catro á nosa disposición na nube, como pode verse nada máis acceder.

Mágoa que a difusión na rede sexa a través dunha multinacional que logo se apropia do vídeo e pode cortar a comunicación cando queira, pero esperemos que no futuro o concello sexa parte doutro tipo de infraestrutura que permita a súa soberanía dixital. De pronto, pódese acceder así.

Asemade, non deixa de ser curioso que para ver a orde do día haxa que pasar a outro lugar (este si, público, soberano), a ‘sede electrónica’ do concello e dende alí acceder á convocatoria colgada xa o día 24, que deixo aquí:

Trataranse temas como a posta en marcha do plan das Catedrais (moción BNG), os festivos locais do próximo ano, a modificación do proxecto educativo da Escola de Música ou un expediente tratado por trámite de urxencia sobre o plan financieiro do 2024-2025, anos que entendo que terían que ter xa aprobadas as contas (pero ó mellor entendo mal)

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *