Si, o ruído pode matar. Ou facerte máis vulnerable ás enfermidades. Ou entolearte. Ou sinxelamente facer que non poidas durmir nin descansar. Dificulta o vivir e a convivencia.
Pode que non o sufras, ou que sexa dun xeito no que nin sequera te decates. En calquera caso, as administracións, que xa teñen algunhas normas útiles contra o ruído, en xeral non as están aplicando. En Ribadeo non se miden os decibelios de tódalas noites, nin os das atraccións ou das orquestras que salpican calquera data do ano (máis, no verán). Non se miden, pero aí están ruidos diversos, de músicas -rebasado un umbral, a música é ruído-, cánticos, berros, petardeos de motos e coches, conversas en alto… tamén pasando a hora por alto. E afectan.

Organizado pola Plataforma polas nosas árbores, o domingo, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
