Copio e axusto dunha nota que colgou Iván Rodríguez Lombardero para unha actividade de apoio ó ferrocarril que en Ribadeo terá lugar este domingo:
EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE
A vindeira semana (26/5 a 29/5) as plataformas de defensa do tren de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi realizarán unha viaxe reivindicativa na FEVE, desde Bilbao a Ferrol, de xoves a domingo.
Concretamente a galega fará un a viaxe desde Coruña o propio domingo (29) saíndo ás 6:45 da mañá cara a Ferrol, co obxecto de coller alí o tren das 8:20. Desde alí partirán a Ribadeo para coincidir aquí coa comitiva que vén desde Bilbao contra as 11:30.
Tras unha roda de prensa e paseo até a Plaza de España, xantarán e e voltarán cara a Ferrol no convoi das 15:00.
As persoas que queirades participar podedes facelo libremente subindo ó primeiro tren cara a Ribadeo, que pasa por Viveiro contra as 10:10 AM, para voltar con eles cara á vosa vila no das 15:00.
Tamén a xente de Ribadeo pode participar agardando ás 11:30 á chegada a estación das comitivas, acompañando nos actos e mesmo subindo ó tren de volta ás 15:00 para retornar nalgúns dos trens da tarde (mirade os horarios). Non é obrigado, aínda que pode ser convinte, contactar coa organización se vides desde Ferrol ou a Coruña.