
Xa está aquí a concentración dos primeiros sábados de mes en Ribadeo, defendendo as pensións. As actuais e as futuras. Fronte a quen quere facerse co control da pensión privatizándoa, pola a xustiza social e a verdade do mantemento das pensións. Verdade que ven sendo desafiada con mentiras por quen se quere facer co pastel económico para que lle rente a el, non ós pensionistas.
Pensionista ou non, muller ou home, mariñán, do occidente astur ou de calquera outra parte, o sábado 5 de setembro de 2026 citámoste á concentración. Como debera ser sempre, ti decides.
