A eclipse do día 12 está causando moita expectación. Os medios estano a mover, e iso nótase. De cando en vez aparece algo reseñable, e esta vez coido que ten entidade abondo como para poñelo no blog. É unha ferramenta que permite situar o Sol no momento da eclipse, a partir da túa posición. A ‘forma’ é dunha páxina web interactiva para móbil. O seu enderezo, https://visor.trioeclipses.es dá acceso á ferramenta, cunha idea básica: situar o Sol no horizonte visible no momento da eclipse, para saber si o tapan os edificios ou o monte máis próximo ou, polo contraio, está despexado.
Velaeiqú unha captura de pantalla, para facerte unha idea de se podes ver a clipse mesmo dende a túa fiestra:


