Mércores 29 e xoves 30 desta semana tiveron lugar as XXIV Xornadas de Historia Local. Hernán Naval: Música, Pobo e Compromiso. Deixo adxuntas as gravacións correspondentes, con algún aviso e un texto:
1.A primeira gravación, a charla de Rubén Solloso Irimia, ‘A Música, piar da sociedade’, presentado por Farruco Graña, presidente da Agrupación cultural Francisco Lanza, quedou cortada en dos tramos, faltando un pouco de tempo no medio entre os dous. Para remediar no posible, adxunto asemade o pdf do esquema da charla despois das gravacións correspondentes.
2.Algunha das gravacións correspondentes á interpretación do Naval Ensemble aparece en Youtube como Lic. Youtube, debido a que por ser obra de Sibelius (e correspondentemente, haber quen se poda lucrar), non deixa poñer unha lic. Creative Commons (CC) como adoito facer cando subo gravacións. O motivo que dá, “Este vídeo ten unha posible limitación. Atopouse contido reclamado neste vídeo. Isto non afecta o vídeo neste momento, pero se comezas a gañar cartos con YouTube, podería influír nas túas ganancias.” Eu non teño en mente gañar cartos co vídeo, e dubido que á xente de Naval Ensemble se lle pasara pola cabeza, pero as grandes discográficas están metendo a man por se acaso, aínda que non teñan ningún dereito, xa que a obra de Sibelius está xa no Dominio Público, e o arranxo foi para o Naval Ensemble. Hai tempo reclamei por cousa semellante e nin recibín resposta… Se non queres cerrar o desfrute e o coñecemento, usa licenzas Creative Commons, tanto na produción como no consumo!
3.Tamén quedou cortada a gravación de Lonxe do Mar en dúas partes.
4.A mesa redonda foi ó dia seguinte da charla de Rubén e concerto do Naval Ensemble.
Así pois;
1.1.1. e 1.1.2.: A música, piar da sociedade. Rubén Solloso, presentado por Farruco Graña:
1.2.: Naval Ensemble.
Zeltia Pardo Naval – Saxofón soprano
Ana Paula Naval Parapar – Saxofón alto
Nicolás Gómez Naval – Trompeta
Xiana Naval Chaves – Trombón
Mato Gómez Naval – Baixo / Trompeta
Plácido Travieso Fernández – Piano
1.2.1:Impromptu Op.5 (1893) – J. Sibelius
https://www.youtube.com/watch?v=f-E8FegNkz8 (ver a nota sobre licenzas e Youtube)
1.2.2.:Portbou – Saraxevo (1994) – Hernán Naval
1.2.3.:Sabes que mae quixera ser bailarina (1988) – H. Naval
‘A delgadez álzase
en pontos de neve
cun azulino desatándose
fráxil nun lateral
Sabes que mae quixera ser bailarina’
1.2.4.;Soatinhabaneira – H. Naval
I. Balada
II.Habaneira
1.2.5.: Se tes no Coraçom (2022) – P. Travieso (texto de Sechu Sende)
‘Se tes no coraçom
a muiñeira de Chantada
vem á festa con nós
com o povo que nunca cala.
Se tes no coraçom
a bandeira azul e branca,
has de sonhar com nós
a libereçom das palavras.
E se escuitas a muinheira
dentro do teu coraçom
sentes umha autonomía
ou sentes dumha naçom?
E aprender-lhes a falar
a nossa lingua ás crianças
para fazerem sempre festa
e povo en cada palavra’
1.2.6. e 1.2.7.:Lonxe do Mar (1995) – H. Naval
1.2.8.:
1.2.9.: Himno galego
2. Mesa redonda (30/7). Presentada por Dores Fernández Abel e intervindo na mesa por orde: María Fernández Ramil, Miguel Ángel Fernández (Cherry), Patricia Díaz López e Daniel Rodríguez Saavedra.

