Chégame o aviso do curso de Jazz que anualmente se celebra en Ribadeo. Este ano, a 14ª edición. Se o(s) pdf(s, galego e castelán) teñen información larga e coidada, os carteis e portadas correspóndenlles. Deixo entón, xunto con eles, un texto explicativo de Chenchu sobre a parte gráfica:
Estes son o cartel e os folletos do XIV Curso de iniciación ao jazz e música moderna que organiza, coma todos os anos, Rubén Solloso. Sollo, presidente da asociación Bruar, é a alma deste proxecto, recollendo dese xeito o espírito dinamizador de Hernán e continuando esa teima fermosa de manter viva a música moderna en Ribadeo. É un deses proxectos que se fan con paixón, constancia e moito corazón. E créedeme que lle da moitos quebrantos.
Unha pequena nota do deseño: o cartel está baseado nuns retratos que Irving Penn lle fixo a Miles Davis no 86. Non é unha referencia casual; este ano Miles cumpriría 100 anos, así que como realizador tamén quería (e Sollo estaba dacordo) que o cartel funcionase un pouco coma homenaxe.
Hai algo moi potente naquelas sesións de fotos: Miles sostén unha trompeta invisible. As mans, a tensión dos dedos, a postura… todo parece seguir tocando aínda no silencio. Penn dicía que “as mans tamén contan a vida dunha persoa, e nesta imaxe vense perfectamente os anos de música, de busca e de cambiar o jazz para sempre”.
Ao mesmo tempo hai outra capa máis íntima, menos evidente tal vez, que vai por Hernán. A Hernán gostáballe Miles —e a Coté aínda máis—. A Hernán encantáballe Wynton Marsalis, mentres que Coté seguía sendo máis de Davis. Así que, no fondo, o cartel acabou converténdose nun pequeno guiño a eses dous amores compartidos: Coté e Hernán… ou Hernán e Coté.
No folleto tamén fun collendo algunhas imaxes inspiradas en Penn para acompañar os CVs dos profesores. Todas bastante retocadas, claro, porque Irving non deixou fotografadas todas as posicións posibles dunha trompeta… ou polo menos eu non fun quen de atopalas.


Unha resposta a “Curso de Jazz… e van 14!”
Moitas grazas pola difusión. ❤️