Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.495 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O eco dunha denuncia


Hai xa algún tempo que se comenta no pobo de Ribadeo que o parapeto de bandeiras é ilegal. Primeiro, o mamotreto foi posto dentro do recinto das escaleiras do concello, pero parece que non foi dado o visto bo por Patrimonio. Despois, baixouse o pedrón fóra do recinto, e engadíuselle un letreiro para tentar compensar o ‘estilo’, e por último alzáronse as bandeiras. Chamou a atención que na suba de bandeiras, diante da Garda Real, a da UE se desprendera, e a de Galicia quedara máis baixa, pero máis grande que a de España. De calquera xeito, erros aparte, o debate dende hai tempo céntrase noutra cousa: a legalidade das bandeiras fóra do concello, regulada pola lei 39/1981 de 28 de outubro, e aplicando o seu artigo 3º. E a iso ven unha denuncia presentada hoxe mesno e da que deixo o texto e unha imaxe coa entrada en rexistro para o Tribunal de Mondoñedo, unha vez anonimizadas ambas:

DENUNCIA
– (denunciante)

MOTIVO
CAMBIO DE EMPRAZAMENTO DAS BANDEIRAS DA CASA DO CONCELLO DE RIBADEO

O pasado 7 de Maio de 2026, vimos que se fixo o cambio de colocación das bandeiras: a nacional de España, a de Galiza e a da Comunidade Europea, que estaban situadas na balconada da Casa do Concello. A Nacional de España, dende os primeiros anos da década de 1940, cando se adquiriu a Casa de Ibañez, Marqués de Sargadelos, para ser sede do Concello; a Bandeira Galega dende o 6 de Abril de 1981 que Galiza é Autonomía, e a da Comunidade Europea dende que España ingresou en 1 de Xaneiro de 1986.
Parece ser que coa excusa de arreglar o balcón principal da Casa do Concello, se fixo o traslado das bandeiras para un lado de dita Casa, e fora do seu espazo institucional, montando os mástiles sobre un pedrusco de granito que previamente se mantivera na soleira da escalinata, emplazamento que foi rechazado por Patrimonio, dado que rompía a estética do edificio.
Queremos reflexar que este novo emplazamento e izado das bandeiras se fixo por parte da Guardia Real Española, que estaba de xira polas poboacións de Viveiro, Foz e Ribadeo, e que a política actual do Concello, implicou a ditas forzas para darlle solemnidade ó acto.
Non obstante, este é un acto, o noso entender, contra a lexislación vixente sobre bandeiras, posto que a bandeira española e a galega deben estar arboradas en un lugar de honor e preferente da fachada Consistorial, tal e como deixa claro a lei de 1981. Lei 39.1981 de 28 outubro. Artigo terceiro.
Lei que foi desenrolada baixo o goberno de D. Leopoldo Calvo Sotelo y Bustelo, Alcalde Honorario, Fillo Adoptivo y Marqués da Ría de Ribadeo, que entre outras cousas, se lexislou para evitar que no País Vasco se rexeitasen algúns alcaldes a colocar a bandeira española nos edificios Consistoriais.
Dito comportamento foi denunciado no seu día pola avogada do Estado, Dª Macarena Olona, advertindo que o incumprimento de dita lei pode levar a unha multa de 1500 euros mensuais do patrimonio persoal do alcalde por tal incumprimento (Macarena Olona, Soy Macarena, Ed. 2023, p.94,96)
Por estas razóns cremos que o novo emprazamento semella máis o “adorno” que os hoteis e restaurantes da vila, utilizan de ditas bandeiras para exhibir nos seus patios e aparcamentos adxacentes, polo que cremos necesario advertir destas irregularidades que ocorren na Casa do Concello de Ribadeo e que unha vez feita a reparación inmediata da balconada, as bandeiras sexan restituídas ao seu emprazamento orixinal.

A atención do Excelentísimo/a Maxistrado/a ou de quen houbera lugar

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *