Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.465 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Castelao e ‘Cousas’ en Ribadeo


Nota de prensa da Agrupación Cultural Francisco Lanza:

ESTE DOMINGO 29 DE MARZO, OS QUINQUILLÁNS VAN REPRESENTAR A SÚA VERSIÓN DO “COUSAS, DE CASTELAO, PARA POÑER O PECHE Á EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO ORGANIZADA POR FRANCISCO LANZA

Este domingo 29 de marzo, ás 19,00 horas, no Auditorio Hernán Naval, Os Quinquilláns van representar a súa versión do “Cousas”, de Castelao. Con esta representación, desde a Agrupación Cultural Francisco Lanza poñemos fin á exposición “Sempre en Galiza. 1944-2024”, que aínda se pode ver na Oficina de Turismo de Ribadeo. Tanto a exposición como a representación teatral é patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

MÁIS DATOS SOBRE A OBRA:

Os Quinquillans celebran o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do texto orixinal do rianxeiro universal: ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social…

O retranqueiro burro dun dos contos, trasunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”.

A montaxe transita entre a traxedia, a comedia e a farsa co obxectivo de respectar a lingua, a época e o ambiente do Rianxo natal dun autor cheo de sensibilidade persoal, artística e social.

José Luis Pico Orjais, responsábel do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de “Os vellos non deben de namorarse” ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.

FICHA TÉCNICA:

AUTOR ORIXINAL Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

ADAPTACIÓN DO TEXTO Lucho Penabade e Tero Rodríguez

ELENCO Lucho Penabade e Tero Rodríguez

ESCENOGRAFÍA, ATREZZO E ILUMINACIÓN Pepe Penabade e Xosé Vizoso

VESTIARIO Olga Vieites

ESPAZO SONORO Orjais

PRODUCIÓN E DIRECCIÓN Lucho Penabade e Tero Rodríguez

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *