
Chegando o fin de ano, cos orzamentos dos próximos 365 día aprobados a semana pasada e cunha morea de presentación de feitos do ano, case todos cun nesgo claro a favor dos intereses e ideas de quen os escribe, deixo algunha gráfica sobre Ribadeo e os cartos que manexa. A primeira está faita a partir de datos aportados ao goberno de España (como, por exemplo para o ano 2014 https://presupuestos.gobierto.es/municipios/ribadeo/2014?area=economic&code=3&kind=G), exceptuando para antes do 2010 e para o 2026, que foron recollidos de novas de xornais e notas de prensa. Na mesma web do goberno aarece a débeda viva, pero como non ten datos de 2025 nin -evidente- de 2026, e tamén comeza a partir de 2010, só se pode observar o descenso notable realizado na débeda nos primeiros anos de Fernando e a súa estabilización posterior nese período, pero non dicir nada con eses datos sobre o período de Balbino nin aínda do de Dani, e polo tanto, en relación á polémica do aumento da débeda que está a ter o non o concello.
Deixo tamén datos da poboación do concello.

Neste caso, son cifras oficiais a 1º de xaneiro do ano seguinte ó que aparece en baixo, excepto a última cifra, de 10050, subministrada polo alcalde ós xornais en setembro. reclacando o medre de poboación (se ben esa cifra aínda non acada os 10061 de 1 de xaneiro de 2013)
É posible que a gráfica anterior, pola escala, leve a engano. Aquí deixo outra cos mesmos datos (a falta do último) e a cantidade de mulleres e homes, cunha diferencia entre sexos que está a aumentar os últimos anos:

Alg que se ve mellor se só miramos a diferencia de número entre mulleres e homes:

