Onte, sábado 15 de outubro, houbo unha manifestación en Madrid. Entre 15 000 e 50 000 persoas se manifestaron polas pensións, pola defensa do de todos, do público, e tamén de todos; das mulleres, que tamén somos todos, ou da sanidade, que nos sirve a todos, por exemplo.
Para deixar testemuña, abaixo quedan algunha das fotos que tomou Suso e un texto curto de Evaristo, que saíron de Ribadeo ás catro da mañá para chegar a Madrid pouco antes da manifestación, xunto co resto da representción Ribadense e Mariñá.
Fotos de Suso Fernández:
Reflexión de Evaristo Lombardero:
A manifestación de hoxe é unha experiencia moi interesante e moi impactante, na miña opinión particular, pendente de contrastar con outras. Éo polo seguinte:
1 A participación foi moi alta. Non sei se chegaría ás 50 000 persoas que din os organizadores, pero si MOITO MÁIS ALTA que nas dúas anteriores. Ao menos 35 ou 40 000.
2 Esta participación dáse en condicións adversas, das que débese destacar
a) que o goberno está ofrecendo unhas subas das pensións da orde do 8,5 %, e facendo unha campaña mediática importante
b) que esta suba non é unha minucia, aínda que non cubra nin de lonxe o alza dos prezos dos produtos básicos para as clases traballadoras
c) que o movemento de pensionistas non conta con apoio dos principais sindicatos nin dos partidos políticos de esquerda
d) que a proximidade das eleccións xerais e o temor da esquerda á presión da dereita actúa como un factor inhibidor da mobilización de amplos sectores da esquerda
e) que a pesar de estas circunstancias, a mobilización de xente en Madrid, Andalucía, País Vasco, Asturias, Galicia, etc, foi moi significativa e moi superior a anteriores edicións
f) que todo esto revela un clima de protesta e autoidentificación do movememto de pensionistas, sen caer na tentación de insultar ou atacar ó goberno, que revela unha madurez e unha claridade de obxetivos nada despreciable
g) que as consignas máis coreadas eran moi integradoras doutros movimentos sociais: feminismo, sanidade, etc.
En resume, estamos ante o que se soe chamar un salto “cualitativo” que augura máis mobilizacións, máis influencia social, mas capacidade de presión sobre o goberno e sobre a dereita e nun contexto de unidade de acción sen fisuras, sen excentricidades histriónicas e cun ambientazo, que de seguir permite ser razonablemente optimistas. A miña aposta particular, á espera doutras opinións, é que hai que avanzar no obxetivo de coordinar e extender o movemento a nivel europeo. A ver se non me equivoco.