Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.335 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O libro de As pedras da memoria, en internet


Aló, en xullo, cando foi presentado en Ribadeo o libro Pedras da Memoria, no mesmo acto, pedín permiso ós autores, Ramón López e Miguel Freire, e ó concello no seu representante, o alcalde, para subilo á rede e con elo, contribuír a súa difusión. Chegou o día, e aquí deixo ligazóns a dous lugares para lelo e ou descargalo. Por outra banda, no blog tamén queda referencia ó acto, á recuperación de restos no cemiterio de Ribadeo, á posta das pedras da memoria por Ribadeo ou á ruta que se pode seguir, a modo de paseo urbano.

Nota:

Debido a o comentario que remato de aprobar para publicar, mentres non se aclare a situación de permisos, retiro o contido básico desta entrada.

Reaccións do Fediverso
,

2 respostas a “O libro de As pedras da memoria, en internet”

  1. Son Miguel Freire Sitjas, coautor do libro Pedras da Memoria, e podo asegurar con toda certeza que nin Ramón López, nin o alcalde Daniel Vega, nin eu demos permiso nin autorización algunha para a publicación deste libro en internet.
    Que quede constancia

    • Creo que o que di o comentario anterior non corresponde á realidade. Non obstante, como autor que é, retiro a publicación mentres non aclare con el e os demais citados a situación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *