Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.326 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xuntanza de pensionistas. Unha nota curta


Foto de Enrique Fernández Rivas

O pasado sábado 4 de outubro tivo lugar a concentración mensual de pensionistas en Ribadeo. Como se aprecia na foto de Enrique Fernández Rivas, no medio do desapacible día, vinte persoas mantiveron a reunión convocada por Modepen A Mariña. Unha xuntanza ó tempo de lembranza e informativa da situación, creando lazos entre os asistentes, xubilados e pensionistas ou non (neste caso, previsiblemente, futuros pertencentes a estas categorías) ó tempo que participando nas accións do colectivo en favor dunha vida mellor, pensións e servizos públicos dignos non só para eles, senón para a maioría da poboación. Unha xuntanza que tamén contribúe a manter a idea de comunidade social, de sociedade na que todos participamos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *