
Recuncho da lectura: Les yeux jaunes des crocodiles
Les yeux jaunes des crocodiles. Katherine Pancol. Le livre de Poche. ISBN 9782253121206. Paris 2007. 672 px (fr.)
Os cocrodilos están á espreita, e non pasa ren ata que ti te abandonas. Se non o fas, a vida é túa. Non é un resume do libro, mais encadra abondo na filosofía da novela. Comeza con fastío vencido pola tensión da vida. Como o desenvolvemento da trama, coido que non presenta grandes ambicións, mais dalle tempo pola súa lonxitude a chegar a metas altas. O final? Ben… mais o que esta aberto a unha continuación non chega a favorecelo. Recomendable con tranquilidade.