Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unidos na defensa do común


    Hai xa tempo, dende o comezo das concentracións de pensionistas, que as ideas están claras. Non se trata da defensa das pensións, así, en baleiro. Non. Trátase da defensa dun sistema que nos protexe a todos, do pensionista ata o último cidadán, un sistema que comprenda a todos, e a mentalización para facelo posible, que na sociedade actual non é doado.

    Poe esa dificultade é pola que se organizan as concentracións, para ‘empuxar e tirar’, protestar e crear comunidade, mentalizar, actuar a favor, sabendo que da unión deriva a forza do movemento.

    De aí, e de contemplar a historia de traizóns e cambio de intereses, ven a orixe de considerarse un movemento apartidista, que transcende os partidos, ou os sindicatos, e considera a unidade, non a división.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *