Xa me teño referido aquí ó libro ‘Ribadenses destacados. 44 biografías. Séculos XIX a XXI‘, presentado a finais do pasado novembro. Como xa quedei con algúns dos redactores en publicar no blog as correspondentes biografías, paso antes a reseñar algunhas curiosidades do libro.
A primeira é que non son 44 biografías, senón 43. De onde ven o erro, nin idea. Pero aí está, pode contarse. É ademais evidente, e foi dito na presentación, que cortouse o número de biografiados, deixándose fóra algún que con determinados criterios, podería ter máis méritos para estar no libro que outros que si o están.
O número de autores chega a 18 (non 17, como se dixo nalgún momento), cun número de biografías que vai de 1 a 11 por autor. Máis da metade, cunha soa biografía, catro con dúas e outros catro con máis de dúas.
Están biografiadas, a máis das que aparecen agrupadas en familia, 42 persoas (hai dúas entradas con dúas biografías), das que 39 son homes e tres mulleres (Manuela Barreiro, Corona González e Luz Pozo), as que ademais teñen artigos de media algo máis curtos que os dos homes.
Do libro pode extraerse un conxunto de datos estatísticos que en gráficas, pode resumirse:
Ordenados de máis a menos biografías (en realidade, artigos) realizadas, arriba pode verse tnto o número destas como o de páxinas de cada autor.
Conservando a orde da gráfica primeira, nesta segunda aparece o número medio de páxinas por artigo por cada autor.
Na terceira, preséntanse ordenadas as biografías por número de páxinas que se lle adican, o que podería usarse (pero non debe, porque inflúen máis outros factores) como criterio de importancia concedida
Por último un resume da gráfica anterior, co número de biografías de cada extensión: unha biografía de dez páxinas, dúas de nove, etc.
As biografías do libro (con ligazóns ás xa publicadas no blog e autores, ou, no caso de non estar publicadas aínda, de xeito espero transitorio a outras biografías correspondentes no blog, se existen, ou na Galipedia):
Amando Suárez Couto. Celia Castro Fernández
Benito Prieto Coussent. Celia Castro Fernández
Manuel Fernández Amor
Primitivo Díaz Pérez
Manuel Cortés García
Valeriano González Abraido (Tito González)
Antonio Rodríguez del Busto
Xosé María Alonso Trelles (El Viejo Pancho)
Francisco Rodríguez Del Busto
Francisco Lanza Álvarez. Eduardo Gutiérrez Fernández
Eliseo Pulpeiro González
Daniel Cortezón Álvarez. Santiago Sanjurjo Díaz
Manuel F. Reynante y Cancio
Enrique Suárez Couto
Fernando Méndez Sanjulián
Antonio Raymundo Ibáñez. Eduardo Gutiérrez Fernández
Familia Bengoechea
Familia Casas
Ramón González Fernández e Corona González Santos
Familia Nistal