Alocución de Evaristo Lombardero na xuntanza de pensionistas (máis de 40 persoas desta volta), o primeiro sábado de 2023 en Ribadeo, acompañado de dúas das fotos de Suso Fernández.
Nota: falta unha pequena introdución de Evaristo a conto do belén instalado no concello e a figura de Xesús Cristo como orixe dos movementos igualitarios.
Bo
dia compañeiros e compañeiras.
Esta é a nosa primeira concentración do
ano 2023 e temos que comezar desexándonos parabéns e bo ano vindeiro. Aínda que sería mellor desexarnos tan sequera dez aniños con saúde e que
poidamos seguir loitando e movilizándonos sen decaer nas nosas xustas
reivindicacións, e ampliando a participación das persoas que aínda non se
animaron a vir ás nosas concentracións, así
como recuperar a actividade en outros concellos da Mariña e conseguir
extendernos a aqueles onde non houbo ate agora grupos de pensionistas
movilizados como é o caso de Burela, Viveiro e outros. Sempre repito
este tema e penso que debéramos marcarnos como
un dos obxectivos de este ano extender o movemento de pensionistas
organizado a todos ou á maioría dos concellos da nosa bisbarra e que
podemos facelo se nolo propoñemos. Non vou repetir o que xa comentamos
na concentración de decembro na que fixemos un resumo
do ano anterior pero non podemos deixar de lembrar que a suba de un 8,5 %
e un 15 % para as non contributivas, con ser limitada e insuficiente e
quedar ainda moitas reivindicacións pendentes, é un éxito histórico dos
movementos de pensionistas do estado español
que agora xa cumpren seis anos de existencia e de movilización, e que
son hoxe a principal ferramenta organizativa ca que conta este sector
das clases populares para presionar aos gobernos, á banca e ás
multinacionais para conquerir avances sociais. Para ir
achegándonos a unha sociedade máis xusta, onde os sectores máis
desfavorecidos recuperen e amplíen os seus dereitos e os sectores mais
privilexiados se vexan obligados a amoldarse a unha sociedade mais humana
e igualitaria.
Respecto
dos temas máis de actualidade temos que comentar dous asuntos que están
na prensa e os medios sociais estes últimos días. Un deles
é o decreto-lei 20/2022 de 27 de decembro que leva por título: Real
Decreto-ley 20/2022, de 27 de diciembre, de medidas de respuesta a las
consecuencias económicas y sociales de la Guerra de Ucrania y
de apoyo a la reconstrucción de la isla de La Palma y a otras
situaciones de vulnerabilidad.
Este decreto lei ten un artigo que di:
Artículo 74. Nueva Línea directa de ayuda a personas físicas de bajo nivel de ingresos y patrimonio.
1. Se
aprueba una nueva línea directa de ayuda a personas físicas de bajo
nivel de ingresos, con el fin de paliar el efecto perjudicial en los
precios ocasionado principalmente
por la crisis energética derivada de la invasión de Ucrania.
2. Serán
beneficiarios de una ayuda, en pago único, de 200 euros de cuantía, las
personas físicas que durante el ejercicio 2022 hayan realizado una
actividad por cuenta propia
o ajena por la cual estén dados de alta en el régimen correspondiente
de la Seguridad Social o mutualidad, o hayan sido beneficiarios de la
prestación o subsidio por desempleo, siempre que en 2022 hubieran
percibido ingresos íntegros inferiores a 27 000,00
euros anuales, y tuvieran un patrimonio inferior a 75 000,00 euros
anuales a 31 de diciembre de 2022.
Ou sexa
que aproba unha axuda de 200 euros en pago único a persoas activas ou en
paro que teñan percibido menos de 27 000 euros no 2022 e teñan un
patrimonio inferior a 75 000.
Pero exclúe aos pensionistas que cumplan eses criterios e máis ás que
perciban pensións non contributivas e ás que cobren o ingreso mínimo
vital. O MODEPEN e as plataformas organizadas no estado español xa se
teñen manifestado e sacado un comunicado o día
4 de xaneiro, ou sexa o mércores pasado, esixindo que esa prestación se
extenda aos pensionistas por razóns obvias. Resulta evidente que as
persoas que están por debaixo de ese nivel de ingresos e de patrimonio
estarán en situación de vulnerabilidade independentemente
de que esteñan en activo ou sexan xubiladas e polo tanto un principio
elemental de equidade permítenos reclamar esa axuda para quen a
necesite. E tampouco pode argumentarse que os pensionistas noin temos
que manter ás familias como o resto da sociedade porque
ben sabemos que non é así. Como esto foi moi recente e non deu lugar a
xuntanzas nen deliberacións en MODEPEN e seguramente nas outras
plataformas debido ás datas nas que estamos. Eu quixera suxerirvos a
posibilidade de prantexar que esa axuda non fose lineal
senón que tivese carácter progresivo para beneficiar máis aos que
estivesen nos niveis mais baixos. Fixen un cálculo aproximado do volume
total de esta axuda en todo o estado español e saéme 1700 millóns de
euros aproximadamente pero como non sabemos o patrimonio
dos afectados non cabe dúbida de que a cantidade total sería moito mais
baixa, ou sexa que non estamos falando de unha cifra desorbitada (con
toda seguridade menos do 10 % do que vai percibir a eirexa católica en
subvecións e axudas de fondos públicos no 2023)
e como digo podería ser mais xusto un reparto progresivo favorecendo
aos mais necesitados. En todo caso MODEPEN e as plataformas do estado
reaccionaron inmediatamente e fixeron unha proposta ao goberno. Pola
outra banda debe suliñarse que o decreto lei é moi
extenso e contempla moitas axudas a diferente sectores, especialmente
medidas de control ás eléctricas, medidas fiscais con axudas a outros
sectores e o que aquí propoñemos non é nada descabellado.
Respecto
de este decreto lei quero comentar tamén os titulares de prensa que
estamos vendo estes días e moitos de eles coinciden en suliñar este dato
de que ese reparto non
chega ás persoas xubiladas, pero aínd así non se ven titulares que
destaquen as medidas de control das eléctricas e outras, aproveitando un
fallo do goberno para darlle caña pero omitindo outras moitas medidas
de carácter social progresista porque como
digo o decreto é amplísimo e trata moitos mais temas.
Outro
aspecto que debemos suliñar dos titulares de prensa de estes días é que
os movementos e plataformas de pensionistas son os protagonistas en
primeiro plano da actualidade,
mentras que os sindicatos e os partidos de esquerdas aparecen como un
pouco escurecidos. Non pretendemos en absoluto competir ou desplazar o
papel de estes outros componentes da sociedade democrática,
todos necesarios e complementarios, pero non está de mais
suliñar a presencia pública e mediática das plataformas de pensionistas,
acadada despois de seis anos de loita e mobilización que nos levan a ser
xa unha peza indiscutible do puzzle societario no estado español e a
ter unha influencia indiscutible na decisións
dos gobernos. Xa temos dito que nada de darnos xabón, sinxelamente
recoñecer a realidade do noso movemento para acadar máis apoios, máis
movilización, máis participación e máis avances sociais.
A segunda
cuestión que quixera plantexarvos brevemente é a seguinte: En Novembro
de 2022 Escrivá prantexou o proxecto de ampliar o período de cotización
para o cálculo das pensións
futuras dos 25 anos actuais a 30 anos, co obxectivo de aprobalo antes
do 31 de decembro para dar cumprimento a compromisos con Europa.
Suliñemos catro aspectos de este proxecto:
1º. O periodo de cálculo era
de 15 anos antes da reforma de 2011, despois fíxose
de 25 anos co apoio dos sindicatos maioritarios, CCOO e UXT. Caese de
caixón que esta ampliación dos anos de calculo das pensións repercute
nunha baixada das mesmas dado que as bases reguladoras serán mais baixas
canto mais atrás nos movamos, particularmente
se temos en conta a precariedade do mercado laboral na última década.
2º Escrivá non presentou o seu proxecto definitivo antes do 31 de
decembro porque agora si ten a oposición de CCOO, de Podemos e doutros
grupos de esquerdas e particularmente a presenza
nas rua do movemento de pensionistas que foi o que puxo o tema no
primeiro plano da actualidade e o que o rexeitou de maneira mais
radical, pese a que é un asunto que non afecta aos actuais pensionistas
senón aos futuros, pero nunca perdamos de vista que
afecta ás garantías do sistema público e se se aceptase podería ter
efectos retroactivos sobre a estabilidade do actual sistema e acabar
perxudicando ás nosas pensións porque calquer concesión acaba pasándonos
factura.
3º O cálculo ampliado a 30 anos vai afectar
especialmente ás mulleres das clases populares, cuxas carreiras
laborais son mais curtas e mais precarias polas circunstancia
sociofamiliares que todos coñecemos, unha razón mais para que o noso
movemento de hermane e se coordine cos movementos feministas.
E 4º Escribá pretende aprobar este proxecto via decreto lei para eludir
o debate parlamentar, pero ahí imos estar as platafromas de pensionistas
e o MODEPEN para denunciar a maniobra e esixir transparencia,
publicidade e participación.
En fin,
enfrontamos 2023 coa cabeza ben alta, temos proxectos en todas as liñas,
seguiremos ca movilización como arma principal, naturalmente pacífica e
democrática eso non
fai falla lembralo; entre as moitas reivindacións pendentes só
lembraremos agora a esixencia da auditoría de contas da Seguridade
Social, aprobada por lei en decembro de 2021 e que xa debera estar
rematada hai seis meses, e de medidas concretas e eficaces para
eliminar en un prazo concreto a fenda de xénero. Lembraremos tamén que
seguiremos loitando e cooperando cos movementos sociais progresistas que
se movilicen pola defensa do estado de benestar. E aproveito para
lembrar a manifestación do día 19 pola defensa da
sanidade pública. Seguiremos presionando ao goberno máis progresista
da recente historia do estado español sen perder de vista nin por un
instante que o lobo do trifachito PP-Ciudadanos-Vox é a ferramenta
política number one das multinacionais, da banca e
do gran capital, cuxo obxectivo estratéxico é arramblar co sistema
publico de pensións, reducilo á caridade pública e extremar a
explotacións das clases traballadoras ata o último alento. Pero ata aquí
chegamos e debemos deixarlles moi claro que non daremos un paso atrás.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIONS E OS SERVIZOS PÚBLICOS DEFENDENSE.