Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.511 posts
40 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A idade dos alcaldes de Ribadeo na democracia: Alcaldía de Ribadeo e idade


    A idade dos alcaldes non pasa a ser un dato máis, por moito que poda ser indicativo sobre o entorno no que se move e algún xeito de como fai as cousas. Non é a primeira vez que deixo no blog un gráfico sobre as idades dos alcaldes de Ribadeo. Aquí vai a actualización dos datos que teño (que non son os de todos os alcaldes) con previsión ata o fin do mandato que remata de comezar.

    Os once alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordenados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos que teñen datos sen cubrir).

    O gráfico é indicativo: a
xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a
idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende a chegada da etapa democrática. E en Ribadeo, aínda despois de ter o alcalde
máis novo no 2007 e ter un novo alcalde tamén novo, parece que se vai incorporando á tendencia xeral.

    A ter en conta que houbo
un tempo -a primeira tempada- no que a
alcaldía foi abondo menos continuista que na actualidade; de feito, o
mandato que recén remata completou 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun
tercio do período dende os tempos da
ditadura.

    Unha
nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de
nacemento (excepto o actual), polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o
mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos,
cando lle falta un día para cumprir os 46.

    E unha lista ata a actualidade:

    1979 – Mario Meira, substituído uns meses en 1981 por José Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato a partir de 1981 Antonio Martínez

    1983
– Jaime Vidaurrázaga uns meses mentres non se resolveu unha disputa de
votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que
deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.

    1987 e 1991 – Eduardo Gutiérrez Fernández

    1995 e 1999 – José Carlos Rodríguez Andina

    2003 – Balbino Eugenio Pérez Vacas.

    2007, 2011, 2015, 2019 – Fernando Suárez Barcia

    2023 – Daniel Vega Pérez

Versión anterior (2019)

Eleccións municipais en Ribadeo:

Eleccións municipais 1979

Eleccións municipais 2003

Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2011

Eleccións municipais 2015

Eleccións municipais 2019

Eleccións municipais 2023

Eleccións municipais en Ribadeo (na Galipedia)

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *