Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Triángulo: libro de F. Díaz-Fierros sobre a medición da Terra


    Será mañá xoves pola tarde. Deixo o collido na páxina da editorial, e en canto a Díaz-Fierros, hai moitas cousas xa no blog ou na Galipedia:

    Dous franceses e un galego nas illas Pitiusas

    Entre
1806 e 1808, o matemático e astrónomo, Xosé Rodríguez González (Bermes,
Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824), xunto cos franceses
Jean-Baptiste Biot e François Arago, percorreron as illas Pitiusas nunha
expedición científica que serviría para definir o metro como sistema
universal de medida. Os seus traballos e aventuras constitúen un relato
histórico do máximo interese para poñer en valor a importancia deste
matemático galego neste logro científico.

 

Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de Ribadeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *