Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Este Concello que temos


Parece cada vez máis difícil falar sobre cousas de Ribadeo sen falar do Concello. É chocante, pois ó ir crecendo, coido que debérase diluir a influencia do Concello no día a día. Nembargantes, entre onte hoxe, é imposible non falar, estando en Ribadeo, do atraso de moitos meses na apertura da piscina, da perda de outro caso máis polo Concello (o último, a absolución de José Carlos Rodríguez Andina polos comentarios sobre a comisión do acoso no Concello, despois que o profesor de música Teixeira tamén o ganara e para despedilo o Concello teña que abonar máis de un millón das antigas pesetas, máis de 6000 euros, vamos), o xuízo de Mondoñedo polo que se xulga a ecoloxistas por parar as obras da piscifactoría que de xeito tan vehemente apoia o Alcalde) ou da expulsión de Valín onte do pleno. Nótase tamén a importancia crecente da xudicatura no Concello, a pesares de non ter xulgados adecuados. E, en consecuencia, fáise que a xente esté pendente de titulares de déixanse cousas como o ter preparada apiscina para non ter que tela pechada un ano, o amaño do observatorio de Sta. Cruz (2 anos), a pintura do mirador do cargadeiro (máis tempo aínda) … ou sobre cousas que van vir de xeito inmediato, como o PXOM, mentras as obras campan polos seus respetos non importa ónde nin cándo (creo que moitas veces non se sabe nin cándo), a comunicación está cortada e a asesoría está … boeno, non sei se se pode chamar asesoría ós conselleiros cos que conta o alcalde, porque teño ben claro que unha cousa son informes e outra ben diferente asesoramento.
Por certo, a foto (como pode verse) é recente, pero só serve para dar unha nota de cor, pois a beirarúa que se observa levantada estaba en abondo mal estado, e coido que é preferible facela agora que no verán, do mesmo xeito que sería bó outras moitas obras semellantes que parece que terán que esperar. En canto ós carteis do muro, cabe lembrar que vai non oito tempo, había espazos habilitados para poñelos. Na actualidade, non hai espazo para sinalizalo: as sinais quedaron baixo o engrudo. A todo esto, de mirar as viaxes realizadas polo alcalde, hai que pensar que Ribadeo está moi ben relacionado: a última polo momento, foi á entrega dos Príncipe de Asturias. Non sei se foi unha viaxe de placer ou de representación, pero a ben seguro alí se poden facer moitos contactos… posiblemente, o alcalde os ten, pero, e Ribadeo? ten ‘contactos’ Ribadeo?
Pode que teñamos que esperar a que os chinos teñan satélites de fotografía con máis definición dos actuais para podelo saber, pero todo chegará despois do segundo vóo espacial tripulado chino que retornou onte.
E, para rematar, unha entrada das vellas.

Outra entrada
Dicía un anuncio “tódolos días un plátano”. Dicía Sta. Teresa de Xesús “a paciencia todo o pode”. E digo eu, que se esas citas e outras polo estilo son certas, débese de insistir tódolos días. por eso, un antidipo en borrador dun artigo que espero apareza pronto en “pensamentos”: Febreiro dende a Atalaia Nun ano, os meses van detras uns dos outros sen discontinuidade. Continuando en Ribadeo, despois de Xaneiro, ven Febreiro, que comeza como se de Maio se tratara (temperatura, ceo, frores…), co que dar unha volta pola Atalaia permite disfrutar á vez dun bó tempo, unha vista magnífica e o progreso das obras no porto deportivo, chamémoslle de Porcillán. Lentas pero continuadas (as obras…), como este mes parece pedirlle ó corpo en medio dun inverno normal, que non neste con temperaturas de xullo e de Siberia, alternadas de xeito rápido. O tempo inestable tamén parece unha sinal, algo que fixo marcar unha diferencia con Xaneiro: saíu á rúa un boletín do PP onde se fai queixa de exactamente catro cousas, pero que significa algo que o mes anterior non quedaba claro e que abre a porta ás eleccións xa próximas para Congreso e Senado: o dereito da oposición ó pataleo, sexa co base ou feito nas nubes. E parece que cara a esa cita electoral pasaron moitas cousas no mes: dende o antroido, onde a penetrou moi debilmente en comparación coa boda real, pasando polo Sergas, que anuncia na prensa a disposición do posto de pediatra, ó comezo de campaña, con dous mítins xusto ó comezo da da movida campañera. Aí tamén estivo presente o fracaso de fitur (segundo algúns) aireado na prensa do mes. E fóra do mes, unha primeira pedra política polémica, da que haberá que falar en Marzo. Rematou febreiro cun derrubio por sorpresa que a algún deixou branco para todo o día: o do edificio onde se atopaba a Farmacia de Nieto, que para evitar males maiores rematouse a golpes retrasando o mítin do BNG e cortando a rúa que din as malas linguas que fora cortada xa con anterioridade na viciñanza, pode que para evitar o derrubio do propio mítin. Noutra orde de cousas, xa se puxeron en marcha as escolas municipais e estase a desenvolver a “Oferta Cultural” do Concello, con curtos, actividades para nenos, ensino deportivo… ¿Marcha Ribadeo? É preferibe iso a Marchar de Ribadeo, e tamén á Marcha en Ribadeo. De calquera xeito, andan as augas movidas pola avaliación preelectoral. Traase de voltar ó revés aquello de que en augas movidas péscase ben: neste caso, axítase a auga para pescar, e, ás veces, péscanse… botas ou calquera lixo. A curiosidade de observar as correntes no remate da obra do Porto Deportivo sería unha alternativa ó tedio en contra do progreso da vila. E non é ironía: contemplación de obras como matar o tempo por falta de expectativas. E rematamos sen música máis que electoral, a pesares que precisamente co gallo desas eleccións fora lembrado Hernán Naval como antigo candidato. A banda ténnos desasistidos despois do concerto de reis, e o turismo un pouco esquecidos despois de Fitur, pero a continuidade dos días e os meses nótase. Marzo e as eleccións dan un certo formiguillo ó ambiente. Verase.
(publicado no vello blog a comezos de marzo do 04)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *