1ª parte, grupo de metais, con 3 marchas. 2ª parte, banda, e despois de ‘Redondela’ de Soutullo, banda&coral con panxoliñas e final co segundo vals de Shostakovich. Bo, o final, coma sampre, a Marcha Radetzki. E a sorpresa, felicitación dos músicos e ‘A viuda alegre’ á que foron invitados a bailar os cativos e non cativos e non foi correspondida a invitación. Outra vez será.
Curiosidades, o díptico, con un patrocinador diferente do Concello (que non pareceu nel) e no mesmo díptico, Suso de novo coas súas poñendo o texto de xeito festivo.
—
Sobre Hernán Naval:
Data: 08/2000 |
Fonte: octavilla |
Título: Contrabanda |
|
Autor: Antonio Gregorio Montes |
|
Descrición: primeiro foi unha octavilla escrita por Hernán Naval que se repartiu nun dos concertos da contrabanda ese vrao. Logo aproveitouse este texto para o Cd-Ron que editou a Contrabanda tras a morte de Hernán co cal estaba colaborando e a punto de sair no momento da súa morte…. |
|
Comentarios: adxunto |
CONTRABANDA
Contrabanda, o grupo independente dependente da banda, apareceu de xeito formal (é un dicer) no verán de 1997, logo de que desde un ano antes algúns dos seus membros (¡) andivesen a tocar (¡) de cando en vez e de xeito informal (non é un dicer, é unha descrición) algunha peza dos Blues Brothers. Por territorios cercanos ao soul comezou o asunto, mais cando se decataron, nos atris (estes tocan con partitura e atril…) xa había unha de Miles Davis e outra de Steve Vai. Onde iremos a parar? A Contrabanda toca bandas sonoras, pero non de películas de Joselito precisamente; Pulp Fiction, Nove semanas e pico… e quen nos dera vernos no pico de Micky Rourke. Antes de que a Carlos Santana se lle espinase o corazón a Contrabanda tocaba unha versión de Oye como va que non sabemos se é salsa-rock ou salsa de churrasco que estes músicos de atril cean cada venres santo, amén. Amén disto, procuramos pasalo ben e non meternos con ninguén e iso que o PP nunca nos convida… Cab Calloway, Elmer Bernstein, Manzini, Ottis Reading…. moito xudeo-masón solto!.
Contrabanda son, por orde de tesitura: Pene-lo e Belinda (co nome está dito todo) nos saxos (con a) altos; Dompi e Tío Menel (esta feito un chaval) son os dous tenores (o terceiro caeu ao mar); Solloso, Pableras (Capitán Resacas) e máis o Myster ás Trompetas; aparte de perpetrar pucheirazos conseguindo máis votos que eleitores hai, Fujimori (Fuji para os occidentais) toca o trombón e o que lle deixen; Rego fai a mayoría dos arranxos pero ás veces limpa a casa cos papeis; con el toca a guitarra Marito, ainda que ás veces “se le va la peonza”; o Portu (diminutivo de Portugués) toca o piano “con la mano” e o ano pasado esqueceuse de que tiñamos un concerto en San Tirso de Abres; Miguelín, Cherry toca o baixo na Contrabanda porque o botaron dos Chungitos; a Chenchu préstalle a bateria o irmán do Portu…Queríamos que o concellal de cultura cantase un salmo con nós, pero non hai maneira.
Grupo indepente dependente da banda. De que banda? Da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, á que pertencen todos os contrabandistas, pertencia que é conditio sine qua non (non hai nada coma saber idiomas) para tocar na Contrabanda. Os membros da xunta directiva de Amadores da Música, a entidade civil que promove a BSMR, fan que non ven cando os da Contrabanda tocan a tres mans: dúas no instrumento e a outra na birra. Polo demáis, a filantropía destes contrabandistas do XXI vai facer que o piano electrónico que van mercar con parte dos emolumentos polos seus concertos deste agosto (con parte deles, as birras xa saben) sexa cedido á Escola Municipal de Música de Ribadeo a cambio de que aí se siga a ensinar soul, blues, jazz, etc. Ademáis de Mozart e o xeito mais limpo de comer churrasco: na Escola Municipal de Música de Ribadeo nasceu hai un ano a Contrabandiña; os da Contrabanda non lles deixan fumar. Elena, a xefa da limpeza, ten xa preparado un spray co que lle quitar ao piano os aros que deixan os cus das botellas. Que ninguén o saiba no Concello.
Contrabanda Agosto 2000 Ribadeo GZ
// Comentario:
Que a Contrabanda comprou un piano cos seus cartos é un feito rigurosamente certo é que induce a reflexión sobre o apoio que recibía Hernán Naval para as súas actividades docentes a verdade é que non hai constancia oficial, nen factura que o demostre salvo este texto (do puño e letra do director da escola) e máis os recortes de prensa pero un dos pianos da escola de música pertence á Contrabanda que o comprou con os cartos procedentes das súas actuacións. Ten un mérito engadido tendo en conta que a Contrabanda e un grupo independente e privado…e a escola municipal de música resulta ser de titularidade municipal. Así que imaxinen cal será a situación deste centro de ensino para que unha entidade deixe de ingresar cartos e ceda un instrumento tan valioso. E dicir cando deberían apoiar as institucións das que depende a escola de música vese apoiada por entidades independentes o cal acredita unha vez máis as dificlutades económicas coas que se atopou Hernán Naval para realizar os seus proxectos.
Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):
Hernán Naval, escritos e prensa VII
Hernán Naval, escritos e prensa VI
Hernán Naval, escritos e prensa V
Hernán Naval, escritos e prensa IV
Hernán Naval, escritos e prensa III
Hernán Naval, escritos e prensa II
Hernán Naval, escritos e prensa I
Breve guía de referencia cronolóxica nos anos ribadenses