Esquecínme antes e por eso esta segunda entrada de hoxe. Entereime onte (cría que polo blog de Mariano, pero comprobo que non foi así) dunha campaña das ciberirmandades da fala en relación a que a web do concello de Ribadeo non esteña en galego. De paso que aviso a todos os que caedes por aquí, paso a avisar á xente do concello (aínda que é de supoñer que xa o saiban 🙂 ). Por certo, se poñedes nun buscador as verbas “campaña Ribadeo web concello” (por exemplo), podedes ter abonda máis información sobre o tema.
