Ia para Loraela, jazz, e vin con Mister Misto, curtas. Coido que era hoxe, ás 20, no auditorio, pero media hora máis tarde, alí non había máis que o equipo de Mister Misto (poñería o enderezo da súa web, pero non o atopo…) preparando o On/Off que está a piques de comezar. Chamoume a atención o cartel co fondo da Torre dos Moreno, e aí vai, xunto co equipo traballando a traverso dun vidro, como nas súas curtas.
Por certo, como alguén me dixo hoxe que non era quen de ver o libro “Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible)“, aí vai de novo o seu enderezo: http://ribadeo.webcindario.com/O_Teson/RibadeonoTempo/. Espero que agora non teña problemas.