Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Liberados: unha comparación entre Ribadeo e España


Esta mañá leo que antes da guerra civil española, unha organización con dous millóns de afiliados daquela, a CNT, tiña un único ‘liberado’, que era o secretario do comité confederal (Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista, Carlos Taibo, Ed. Xerais de Galicia, Vigo 2005, p.102). E non se me ocorre máis que comparalo co que pasa en Ribadeo. E bótome as mans á cabeza.
Logo penso: claro, son institucións diferentes… e é a única atenuante que se me ocorre, aínda que supoño que haxa máis. Logo, paso a ‘pero, ten que ter este tipo de organziación o concello? e de aí, a outras cousas que están a suceder en Ribadeo, a parte dos dous ‘liberados’


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *