Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Polémicas post vacacionais en Ribadeo: que estructura ten Ribadeo?


Hai tempo que me veño preguntando, en diversas posts, pola estructura que ten ou a que podería ter Ribadeo, para poder facer un deseño como por exemplo no PXOM. Xa dixen, e O Tesón fixo notar, que nese documento non aparecía por ningún sitio unha definición de ribadeo futuro. O caso é que nesta segunda parte de agosto voltou o tema por outra banda totalmente diferente: as obras da A8 deixaron a Ribadeo só coa entrada do Voar se se ven de Asturias… e parece que non se sabe moi ben a) cando se pode amañar esa entrada e b) onde iría a entrada nova, pois non está contemplada en documentos anteriores ó PXOM e este leva camiño de tardar máis que a autovía. Por eso hai quen se pregunta algo que para min é erróneo: quedará Ribadeo só cunha entrada? Por moi lerdos que sexan no ministerio e/ou no concello á hora de tratar estas cousas, estarían ambos tolos de quedar Ribadeo cunha única entrada. Claro que tolos hai moitos…

Mentras, as dúas fotos de hoxe ilustran dúas curiosidades ribadenses destes días, o que parece una imaxe de fenómeno eólico nun deserto, e corresponde ós efectos das obras da autovía, e o que aprece unha especie de ofrenda, seguramente os restos dun botellón nas pistas preto do faro… ambos, sen comentarios. Ambas, feitas onte.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *