Onte, botando contas polo alto, descubrín que estes últimos anos gastei en combustible no coche unhas trece veces o meu peso cada ano, e eso que estou moi satisfeito co gasto cada 100km. É doado prever que as reservas de combustibles fósiles vánse esgotar de xeito rápido… a pesares de que a maioría da poboación mundial está case a 0 de ese consumo.
E en relación a Ribadeo, a nova é un novo parque para paliar a falta de espazo verde. 2800m2, etc… a cousa é que ese espazo xa é verde na actualidade: é o xardín, e que pase a chamarse parque de Indianos é o de menos.
No mercadiño que este domingo é o blog, ‘Un novo santo’ (18/1/2002), aparecido en A Mariña/El Progreso xunto coa nova de “Ribadeo Homenajea a Hernán Naval”…