Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.479 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nomenclator de Ribadeo


no DOG de hoxe, https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260410/AnuncioG0766-080426-0003_gl.html. Reproduzo a introdución e o apartado correspondente a Ribadeo:

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.

Co obxectivo de salvagardar a identidade que nos define como pobo e difundir a relevancia de conservar a denominación dos lugares como parte fundamental dos galegos e galegas, baseado na etimoloxía, documentación histórica, tradición gráfica, no uso oral e escrito da veciñanza e no respecto pola forma dialectal de cada territorio, apróbase o Nomenclátor de Galicia.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que fixa o marco para o uso oficial do galego en diversos ámbitos, contén tamén a base legal para a recuperación e fixación da toponimia galega. No seu artigo 10 establece que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega» e que «lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia».

A toponimia galega sufriu un proceso de deturpación ao longo dos séculos e isto provocou que o nome patrimonial dalgúns lugares fose substituído por unha forma castelanizada, allea á lingua galega, especialmente en usos oficiais.

O Nomenclátor, polo tanto, pretende a restauración das formas históricas patrimoniais. Para iso, acódese a fontes orais e documentais, porque un topónimo ten unha vida moito máis longa que a dunha persoa. Estas formas oficiais están fundamentadas en criterios técnicos, filolóxicos e históricos.

O Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, dispón no seu artigo 2, no número 1, que lle corresponde ao Consello da Xunta de Galicia a determinación, por medio de decreto, dos nomes oficiais dos concellos e das súas capitais, das parroquias e das comarcas, e que será preceptivo, de acordo co número 3 do sinalado artigo 2, o ditame da Comisión de Toponimia.

Así, logo dos ditames emitidos nas reunións da Comisión de Toponimia dos días dezaoito de xullo de dous mil vinte e cinco e quince de decembro de dous mil vinte e cinco, faise necesario aprobar o Nomenclátor de Galicia como corpo único que recolla a forma oficial dos topónimos de Galicia que figuran no anexo.

Polo exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Primeiro

Queda aprobado o Nomenclátor de Galicia, que figura como anexo a este decreto.

Segundo

Do establecido neste decreto daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que sexan necesarios no exercicio das súas funcións.

Terceiro

Quedan sen efecto as disposicións seguintes:

O Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.

O Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.

O Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Ourense.

O Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.

Cuarto

O Nomenclátor de Galicia terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

José Carlos López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO

RIBADEO • Arante (San Pedro) – Barredal, O
– Bestilleiros, Os
– Cei
– Cima de Vila
– Fondo de Vila
– Fornos, Os
– Madanela, A
– Pereiriñas, As
– Ponte, A
– Portobragán de Abaixo
– Rego de Mel
– Remourelle
– Vilamariz
– Dioses, Os
– Portobragán de Arriba
• Cedofeita (Santa María Madanela) – Barreiros
– Burgo, O
– Currada, A
– Granda, A
– Igrexa, A
– Pedregal, O
– Piñeiro
– Ponte, A
– Queixoiro
– Requiande
– Santo Antonio
– Teixido
– Torre, A
– Trapa, A
– Aldea, A
– Penela, A
• Couxela (Santiago) – Bispos, Os
– Casais, Os
– Casanova, A
– Cerdeiriñas, As
– Cima de Vila
– Fornelo
– Irexe
– Maizán
– Moural, O
– Rego, O
– Sendín
– Venda, A
– Xunqueira, A
• Cubelas (San Vicente) – Sa
– Anzas, As
– Batais, Os
– Cabana, A
– Capela, A
– Carboeiro, O
– Casa da Hedra, A
– Celeirós
– Esfolado, O
– Marelle
– Mondigo, O
– Ponte, A
– Pousadoiro, O
– Reme de Arriba
– Salcedo
– San Vicente
– Silveira, A
– Somo, O
– Vilar, O
– Vilela
– Pena, A
• Devesa, A (Santalla) – Avesada, A
– Barral, O
– Barrio da Campá, O
– Barrio Novo, O
– Cepetal, O
– Cinxe
– Esteiro
– Lagar, O
– Liñeiro
– Meirengos
– Noceda
– Olleiros, Os
– Pedreira, A
– Preixoana, A
– Rato Vello, O
– Rochela, A
– Viladroiro, O
– Vilagoíz
– Vilandriz
– Volta, A
– Grandas, As
– Laxeira, A
– Outeiro, O
– Rato Novo, O
• Ove (San Xoán) – Aceas, As
– Acevedo
– Capela, A
– Casas Novas, As
– Chao de Ove, O
– Covo, O
– Eirexa, A
– Escaleira, A
– Estación, A
– Faxarda, A
– Frieira a Nova
– Frieira a Vella
– Garitos, Os
– Graña, A
– Grañol, O
– Guildeiros, Os
– Malatos, Os
– Ove
– Palmeira, A
– Pastoriza
– Pega, A
– Reme
– Río de Ove, O
– Río de Ramos, O
– Río Pequeno, O
– San Lázaro
– Santa Cruz
– Seixadelo
– Travesas de Ove, As
– Valín, O
– Veigadaira, A
– Vilar, O
– Vilavella, A
– Xardín, O
– Cantarrá
– Chao, O
• Piñeira (San Xoán) – Alto dos Pinos, O
– Arelongo
– Barreiro, O
– Cruces, As
– Dompiñor
– Eirexa, A
– Folgosa
– Morgullón, O
– Outeiro, O
– Río, O
– Vilar
– Reverte
• Ribadeo (Santa María) – Cantarrá
– Mirasol
– Porcillán
– Ribadeo
– Vilavella, A
• Rinlo (San Pedro) – Campo de María Méndez, O
– Campo de San Pedro, O
– Campo do Cristo, O
– Cantal, O
– Cotarelo, O
– Rinlo
– Virxe Branca, A
• Santalla de Vilausende (Santalla) – Curuxeira, A
– Lourido
– Porto de Abaixo
– Porto de Arriba
– Río da Veiga, O
– San Tomé
– Santalla
– Torre, A
– Vilausende
– Carbón, O
• Vilaframil (San Lourenzo) – Campo de San Lourenzo, O
– Carreira Branca, A
– Coedo
– Coto, O
– Galera, A
– Granxa, A
– Madanela, A
– Pinar, O
– Regueiral, O
– Requeixada, A
– Río Caínzos
– San Xillao
– Siñeira, A
– Tombín, O
– Valado, O
• Vilaselán (Santa María) – Barreiras, As
– Campoxurado
– Cargadoiro, O
– Casas de Abaixo, As
– Circo, O
– Cruz, A
– Eirexa, A
– Espín, O
– Galos, Os
– Granxa, A
– Lodeira, A
– Outeiro, O
– Senra, A
– Torre, A
– Trancoeiras, As
– Xan de Abaixo
Reaccións do Fediverso

2 respostas a “Nomenclator de Ribadeo”

  1. Falta no nomenclátor dos barrios de Ribadeo: Cabanela, Figueirúa, o Cargadeiro, Penas Brancas, rio de Vilaselán, a Ria de Ribadeo, rio Grande, e toda a toponimia da ría de Ribadeo por esta banda esquerda, ou sexa, fixeron un momenclator toponímico de “fin de semana”. En fin, da Xunta PPera, non podíanos esperar “máis esforzo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *