Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.477 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa: OS TERREOS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE


OS TERREOS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE

         O pasado martes dia 31 de marzo celebrouse un Pleno Ordinario no Concello de Ribadeo [deixo a convocatoria en baixo] no que se acordou, entre outros asuntos, a cesión á Xunta de Galicia dos terreos para a construcción de un novo Centro de Saúde enfronte da estación de servizo de Repsol, ou sexa a un km do centro do actual que será pechado a todolos efectos, co conseguinte perxuicio para os veciños e residentes en Ribadeo. Se este proxecto acaba sendo realidade os ribadenses seguirán con escasos servizos médicos por falta de persoal – de esto nunca se fala na Casa de Ibáñez- pero terán que desplazarse a un km de distancia, con sol, choiva ou vento, para que a Xunta e o alcalde de Ribadeo vexan satisfeito o seu proxecto urbanístico.

         Pero vexamos o que nos vai costar en euros contantes e soantes esta deriva constructiva para seguir sen médicos nin enfermeiros. O día anterior ao pleno a prensa daba a nova de que o concello tivera destinado arredor de 220 000 euros para estas parcelas que transfire á Xunta libres de cargas. Nin nas notas do concello nin no pleno se dixo explícitamente cal foi o prezo final dos terreos, de onde deducimos que hai certo interés por agochar este dato. Asemade o alcalde repetiu que unha das parcelas soportaba moitas cargas e que os trámites executados foran complexos. O lector xa entende, así que aforramos explicacións. Das mesmas fontes recollemos a declaración de que a urbanizacións dos terreos colindantes ao centro de saude custará outros 300 000 euros procedentes da Consellería de Infraestrcturas. Non esquezamos que  estamos falando de unha zona do acceso a Ribadeo dominada por unha ampla curva, con unha visibilidade limitada e pola que transitan  en horas de consulta entre uns 14 e 18 automóveis por minuto,  o que fará especialmente complicada a entrada e saída nese espazo, para os centos de automóveis que se moverán se ese centro de saude se chega a poñer en marcha. Pola outra banda o día 26 de decembro de 2025 o Conselleiro de Sanidade e o Alcalde de Ribadeo asinaban un convenio para  a construción do devandito edificio, declarando que o investimento ía supoñer máis de cinco millóns de euros e que contaría con novos servizos. Naturalmente o que non se dicía era cando se iban a cubrir as vacantes actuais que siguen baleiras de persoal.

        En resume, levamos tres anos denunciando o erro histórico de levar o Centro de Saúde de Ribadeo para unha zona lonxana do casco urbano e da vida social e comercial da gran maioría dos veciños, pero non nos decatáramos de que detrás de este proxecto aniñaba unha operación urbanística de mais de cinco millóns e medio de euros,  cun despilfarro innnecesario para seguir sen atención sanitaria por non cubrirse as prazas de médicos e i.

Ribadeo, 8 de Abril de 2026

PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

Convocatoria do pleno referido:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *