Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.445 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A sociedade civil ante as súas demandas. Pablo Mosquera Mata


A sociedade civil ante as súas demandas

Os riscos que para a saúde ten a contaminación. Os riscos que supón para o condutor o estado da rede viaria responsabilidade de diferentes instancias públicas. A sanidade á que se encarga a garantía do dereito á saúde e os tempos que inciden no prognóstico para as enfermidades -situación e consecuencias-. Os cambios que se impoñen invasivamente ás costumes que forman parte do dereito social á cultura. A manipulación da información ao uso. Os riscos dunha balsa que contén lodos vermellos e que aumenta o seu tamaño e volume mediante elevación das súas paredes cara o ceo en 10 metros, con antecedentes doutras balsas que se desbordaron e teñen constituído unha catástrofe non natural, aínda que o aumento do réxime pluvial podería ser a última causa de tal ruptura. A invasión da propia sociedade civil pola política e os seus protagonistas. A falta de representación real das circunscricións electorais por parte dos partidos políticos que pechan as listas electorais.

Sinalei algunhas das cuestións que notei no meu transcorrer pola vida actual e polas rúas, máis aló desas escenas nos parlamentos ou nos foros onde os políticos ou os tertulianos pontifican sobre o que importa. A quen importa a situación antes sinalada ?

E é que houbo tempos mellores. Cando até os sindicalistas non estaban liberados e defendían desde os seus postos de traballo os dereitos laborais dos seus compañeiros, cuestión que agora é difícil de aceptar suceda desde unha liberación que usan para o seu lecer persoal.

Pero é que tampouco as vellas asociacións de veciños funcionan. Foron languideciendo. E aquel movemento veciñal que eu lembro ante o asunto do Casón ou da Nuclear en Xove feneceu. A última vez que fun testemuña de tal pulso social foi nunha asemblea para a que me chamou o meu pai, médico e veciño de San Ciprián, con motivo dunha contaminación por Escherichia Coli nas augas mariñas procedente dos desaugadoiros do polígono sito en Rio Covo.
Pois ben. Creo que deberiamos exercer conforme ao vello axioma. ” Menos política e máis sociedade”. E aí é onde reclamo e propoño a vitalidade das asociacións socio culturais para crear foros de ilustración e debate sobre eses asuntos que crean angustia social e non atopan canles para que se lles atenda.
Hoxe máis que nunca e ante un panorama onde os argumentos son substituídos polos insultos ou os dictados publicitarios para xerar complexos de culpabilidade, inferioridade ou sospeita de fascismo, feminismo e outras lindezas, cando é até probable que os utilitarios de tal metodoloxía posiblemente ignoren o significado científico de tales acusacións, faise urxente e necesario recuperar o espazo da sociedade civil e nada mellor que o asociacionismo militante para crear conciencia social e evitar esa perversa tendencia de substituír o sistema que non atende polo anti sistema que xa sabemos pola historia de Europa onde nos conduce e que está a medrar cada día segundo os estudos sociolóxicos dispoñibles.

Pablo Mosquera


Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *